Saltar navegación

1.2. Que conseguiremos

As metas do reto

Coa túa implicación e traballando man a man co teu equipo, nesta situación de aprendizaxe acadarás os seguintes obxectivos:

  1. Coñecer o principal protagonista da Arte Pop.
  2. Facer deseños propios ao estilo de Andy Warhol.
  3. Ensinar ao resto do cole como se poden crear obras empregando a Arte Pop.
  4. Traballar en equipo para sacar adiante un reto.
  5. Montar unha instalación artística para desfrute de todo o alumnado.
  6. Decorar os corredores do centro.

Lectura facilitada

Traballando co teu equipo

acadarás os seguintes obxectivos:

  1. Coñecer a Arte Pop.
  2. Facer deseños como Andy Warhol.
  3. Ensinar á rapazada do cole a crear Arte Pop.
  4. Traballar en equipo.
  5. Montar unha instalación artística.
  6. Decorar os corredores.

O que aprenderás

Imaxe que representa unha persoa a debuxar

A debuxar ao estilo Arte Pop.

Pictograma que representa traballo en equipo

 A crear en equipo usando o estilo de Andy Warhol.

Imaxe representativa do Día da paz.

A crear un agamógrafo polo Día da paz.

Imaxe que representa unha festa de Entroido

A facer carteis para o Entroido ao estilo Warhol.

Imaxe que representa mulleres

A facer retratos de mulleres galegas relevantes.

Imaxe que representa unha instalación sensorial

A construír unha instalación artística.

Lectura facilitada

Durante este proxecto aprenderás moitas cousas:

1. A debuxar ao estilo Arte Pop.

2. A crear obras en equipo.

3. A crear un agamógrafo polo Día da paz.

4. A facer carteis para o Entroido.

5. A facer retratos de mulleres galegas.

6. A construír unha instalación artística.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)