Hora de ler!

A continuación presentámosche unha suxestión lectora para que acompañe este noso camiño ata a consecución do reto final.
Como imos ter que traballar moito coa descrición e o diario persoal, propoñémosche o libro Blanco, C., Eu tamén fun pequena. (2023). Xerais, coas lembranzas da infancia de Concha, a avoa de Ana e Mariña, nas que se contrastan os anos cincuenta na aldea de Lires coa forma de vida actual.
Lectura facilitada
Esta é unha suxestión de lectura.
Propoñémosche o libro Eu tamén fun pequena, de Concha Blanco.
Relata historias da vida dunha avoa na aldea de Lires.
De seguro que vas gozar con esta lectura.