Aprendemos a describirnos
Hoxe en día podemos atopar descricións de persoas en moitos soportes diferentes. O máis común sempre serán as entrevistas a deportistas, escritoras ou personaxes famosos en formato escrito e en soporte físico ou dixital.
Co avance da tecnoloxía, o uso das redes sociais e de plataformas de vídeo, as entrevistas ampliaron as súas fronteiras e fan máis interesante o coñecer a alguén. Grazas ao soporte de vídeo ou audio podemos apreciar as características da voz, o ton, o ritmo, a risa... e moitas características que en formato de texto non poderiamos apreciar.
Nesta unidade traballaremos as distintas modalidades de realizar unha biografía e a estrutura que a compón e, así, aprender a describirnos ben a nós mesmos e aos demais tamén.
Lectura facilitada
Podemos atopar descricións de persoas en moitos lugares: xornal, Internet ou revistas.
As redes sociais axúdannos a coñecer aos demais.
A través dos vídeos ou audios podemos apreciar máis características das persoas.
Aprenderemos a facer biografías e describirnos a nós e aos demais.