Saltar navegación

4.2. Reto 2: Rexistramos o proceso

 

Glosario

Rexistro

Lista

Definición:

Acción de anotar unha información para que quede constancia.

Exemplo:

  Elaboramos o pan artesán grazas a un rexistro que atopamos na casa do avó.

Rexistramos o proceso

Ides rexistrar todo o proceso de elaboración do xogo; para iso tedes que crear un documento final describindo dito proceso (co voso exemplo podedes axudar a que outras persoas se animen a facer un xogo ou algún outro material en lingua galega).

Debedes, polo tanto, facer un documento (en formato físico ou audiovisual) claro e organizado. Lembrade que neste rexistro hai que:

  • Anotar toda a información do proceso de elaboración (dende a elección de personaxes ata a posta en práctica do xogo pola vosa parte) nun documento.
  • Incluír opinións que vos xorden, en cada momento da creación, sobre os pasos que seguides (difícil, lento, interesante, mellorable etc) e os sentimentos (interese, preocupación, tranquilidade, presión etc).
  • Revisar o rexistro por parte de todo o grupo.

Podedes levar un rexistro cun cadro parecido ao que amosamos a continuación.

Lectura facilitada

Escribimos todos os pasos que demos para a elaboración do xogo.

Creamos un documento con esta descrición.

Temos que lembrar:

Recoller a información do proceso desde a elección dos personaxes.

Escribir a información no documento.

Engadir as opinións que foron aparecendo.

Revisamos en grupo todo o proceso.

Apoio visual

AnotarAnotar a información do proceso de creación do xogo.

SentimentosIncluír opinións e sentimentos que xorden no proceso de elaboración.

RevisarRevisar o rexistro.

Rexistro xogo "Quen é quen?"

Rexistro de "Como se fixo?"
 OpiniónSentimento
Primeiro: Elección xogo.Doado.Interese.
Segundo: Elección personaxes.Difícil chegar a un acordo.Interese.
Terceiro: Investigación personaxes.Proceso longo. Non hai variedade de recursos en galego.Frustración.
Redactar borrador das descricións.Máis doado do que criamos.Satisfacción.
Crear lista definitiva das descricións.Proceso curto.Tranquilidade.
Elaborar as cartas coas imaxes.As persoas encargadas gozaron.Diversión.
Crear dous taboleiros.Houbo varios intentos antes de chegar á versión final.Satisfacción ao ver o resultado.
Crear guía de preguntas a realizar polas persoas usuarias do xogo.As persoas que coñecían o xogo axudaron moito.Agradecidos a compañeiras que coñecian xogo.
Elaborar pequena descrición do xogo que explique contido, obxectivo e como xogar.Varios intentos ata versión final clara e comprensible.Paciencia na revisión.

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rexistro de "Como se fixo?" (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)