Perdemos galegofalantes
Tal e como se vén observando nos últimos anos, a porcentaxe de galegofalantes está a diminuír substancialmente a cada ano que pasa en Galicia.
Isto xera un problema para a conservación do idioma propio ademais dunha perda da riqueza cultural que supón séculos de tradición oral, poetas, escritores e escritoras, artistas, músicos e músicas… que se expresaron e se identifican ca lingua galega.
Para que non pensedes que é unha broma de mal gusto aquí tedes unha noticia do ano 2021 relacionada cun estudo realizado no concello de Ames onde se puido constatar coma o galego se atopa nunha situación regresiva por diversas razóns: sociais, familiares, educativas...
É por iso que necesitamos reverter esta situación ante un problema evidente e que medra día a día. Porén, podemos enfocar as posibles a solucións a dito problema dende varios terreos.
Un xeito de axudar a transmisión do galego e de loitar contra a súa perda é ofrecendo máis materiais lúdicos en lingua galega á sociedade (contos, música, debuxos animados...).
Lectura facilitada
O número de persoas que fala galego é menor cada ano.
Perdemos o idioma e tamén poesía, escritura ou música en galego.
Un estudo do Concello de Ames di que o uso do galego estase reducindo.
Necesitamos cambiar esta situación.
Unha maneira de axudar é facendo xogos e outras cousas que lle guste a todos.