Introdución
Antes de poñernos de pleno co proceso creativo é necesario lembrar algunhas cousas de cursos anteriores que nos axudarán a que consigas un mellor resultado no teu reto.
Nesta fase imos propoñer, en primeiro lugar, unha actividade/xogo grupal que está relacionada con personaxes da cultura galega e, en segundo termo, unha serie de actividades de repaso relacionadas principalmente coa construción de descricións, o traballo con verbos e adxectivos (fundamentais para unha boa redacción) e unha correcta ortografía.
Comezamos a xogar!
Lectura facilitada
Temos que lembrar cousas anteriores para facer o reto.
Faremos un xogo en grupo.
Traballaremos sobre personaxes da cultura galega.
Describiremos a estes personaxes usando verbos e adxectivos correctamente.