Describimos personaxes
Este primeiro reto consiste na descrición de persoas, pero debemos de seguir uns pasos para a consecución do reto (no apartado do Reto 3 atoparedes as listas de control correspondentes a cada xogo).
1. Acordar no grupo que xogo se vai crear:
- Quen é quen?
- Carta arriba
- Memoriza
2. Acordar as persoas que van ser descritas no xogo:
- Persoas famosas da cultura galega.
- Persoas coñecidas da vosa localidade ou barrio.
- Persoas usuarias dunha residencia de maiores.
3. Elaborar unha lista:
- Elaborar unha lista cos 15 nomes de quen van ser os personaxes do xogo (os protagonistas do xogo).
- Podedes elixir os nomes das listas "Suxestións" (que atoparedes máis abaixo) ou ben pensar noutras persoas diferentes.
4. Investigar:
- En Internet sobre persoas famosas.
- Preguntando na casa ou na rúa sobre persoas da localidade.
- Preguntando de xeito presencial na residencia de maiores ás persoas usuarias ou isto mesmo de xeito indirecto, solicitando a colaboración e mediación dos traballadores e das traballadoras do centro.
5. Realizar un borrador:
- Realizar un borrador coa descrición destes 15 personaxes salientando os seus aspectos máis característicos.
- Empregar unha linguaxe inclusiva (o xénero modifica adxectivos e substantivos), respectuosa (descartade o que puidera ofender) e obxectiva (sen dar opinións).
- Seguir unha orde na descrición (físico dende cabeza aos pés, personalidade, traxectoria persoal e profesional, gustos e afeccións).
6. Revisar
- Revisar o traballo realizado neste reto por parte de todo o grupo.
Audio
Apoio visual
Acordar xogo a elaborar.
Acordar tipo de personaxes do xogo.
Elaborar lista personaxes.
Investigar sobre as persoas da lista.
Escribir descricións.
Revisar o traballo.
Suxestión de persoas da cultura galega
- Alberto Mancebo
- Ana Peleteiro
- Ángel Carracedo
- Ángeles Alvariño
- Belén Regueira
- Carlos Casares
- Diego AS
- Domingo Fontán
- Fina Casalderrey
- Isaac Díaz Pardo
- Iván Ferreiro
- Lidia Cao
- Luis Tosar
- Luis Suarez Miramontes
- Manuel Rivas
- María Rúa Rodríguez (Prado Rúa)
- María Vázquez
- María Xosé Silvar (Sés)
- Mario Brión Toucedo (Olaxonmario)
- Maruja Mallo
- Rosalía de Castro
- Yolanda Castaño
Suxestión de persoas da localidade ou do barrio
- Mestre ou mestra
- Gandeira ou gandeiro
- Bibliotecario ou bibliotecaria
- Alcaldesa ou alcalde
- Farmacéutico ou farmacéutica
- Activista
- Panadeira ou panadeiro
- Froiteiro ou froiteira
- Carniceira ou carniceiro
- Carteiro ou carteira
- Camareira ou camareiro
- Deportista
- Repartidor ou repartidora
- Empresaria ou empresario
- Enfermeiro ou enfermeira
- Doutora ou doutor
- Músico ou música
- Cantante
- Profesor ou profesora
- Adestradora ou adestrador
- Concelleiro ou concelleira
- Peixeira ou peixeiro
- Condutora ou condutor de bus
- Taxista


