Saltar navegación

3.2. Actividade grupal

 

Glosario

Redes sociais

Páxina web

Definición:

Sitios web e aplicacións que están deseñadas para permitir que as persoas compartan contido de xeito rápido, eficiente e en tempo real. Por exemplo: Facebook, Instagram…

Exemplo:

  Cada vez hai menos xente que non saiba das redes sociais.

Sentimento

Sentimento

Definición:

Os sentimentos están relacionados coas emocións, mais as emocións son respostas fisiolóxicas e psicolóxicas automáticas a uns estímulos e os sentimentos, son experiencias subxectivas e conscientes desas emociones. Poderíase dicir que son emocións que perduran no tempo e poden ser definidos con palabras.

Exemplo:

  Ten un forte sentimento de desacougo polo que lle aconteceu...

Actividade grupal multinivel

Actividade “TABÚ”

A actividade consiste en facer unha descrición de ti mesmo que, ademais de ser redactada, vas ter que gravala en vídeo utilizando o ordenador de aula co programa de gravación que inclúe o voso software (GUYcvview). De non dispoñer del poderiades tamén facer unha gravación con un soporte que vos proporcionaría o centro.

Habería a posibilidade de presentar (voluntariamente) as descricións nun panel colaborativo estilo Padlet, sempre e cando todos estiverades de acordo.

Logo de visualizar os vídeos onde vos describides a vós mesmos, realizamos un debate sobre como nos sentimos ante os comentarios positivos e negativos do resto e sobre como o feito de expoñerse nas RRSS (redes sociais) pode ter consecuencias graves para a imaxe que temos de nós mesmos.

Para rematar de preparar este xogo completamos a descrición propia coa dos compañeiros e das compañeiras.

Finalmente habería que escoller de entre toda a información que acumulaches sobre ti (túa e do resto da clase) as palabras que dentro mellor te identifican e serían estas as que non se poderían usar para describirte no xogo. 

Repartiríanse as cartas entre o conxunto da clase e cada un tería que describir a persoa que lle tocou pero sen utilizar as palabras "tabú" ou prohibidas.

Disporíase dun límite de tempo e no momento en que se utilizara unha palabra que aparece na carta quedaría eliminado.

Lectura facilitada

Faremos unha descrición de nós mesmos.

Gravaremos esta descrición en vídeo.

Podemos presentar as nosas descricións nun panel colaborativo.

Realizamos un debate sobre como nos sentimos despois dos comentarios dos compañeiros.

Reflexionamos sobre o que implican as redes sociais e a exposición ao público.

Completamos a descrición propia coa dos compañeiros e compañeiras.

Escollemos as palabras que mellor nos identifican de entre todas as descricións.

Estas palabras serán as que non se poderán usar para describirte no xogo.

Repártense as cartas entre todos e temos que describir a quen nos tocou.

Non podemos empregar as palabras prohibidas ou palabras “tabú”.

O tempo estará limitado.

Apoio visual

Sentimento

Expresar sentimentos

Expresar sentimentos

Debuxo simple de tres caras expresando diversos sentimentosUnha parte desta actividade ten que ver coa forma de expresar os nosos sentimentos.

A nosa especie, os humanos, temos a capacidade de sentir e de expresar como nos sentimos. Vivimos nunha época cada vez máis industrializada e cada vez menos humana, polo que é preciso demostrar os nosos sentimentos, que nos expresemos e saibamos manifestar o que nos preocupa ou o que nos fai estar felices, ou tristes para desta forma estar conectados co resto da sociedade e establecer os nosos límites. Isto é o que se denomina xerar empatía con alguén.

Á vez que nos estamos a comunicar co resto cando estamos a expresar o que sentimos, estamos empatizando coa xente coa que compartimos as nosas vidas e respectamos ao resto en todas as súas dimensións. Tamén exteriorizando os nosos sentimentos conseguimos afastar algúns medos que gardamos.

A continuación tedes un amplo vocabulario onde podes identificar algúns adxectivos relacionados co estado anímico dunha persoa. 

Ten en conta que estes son algúns exemplos... algúns autores como Carlos Perni teñen identificado preto de 360 palabras relacionadas cos sentimentos e as emocións. 

Positivos

abraio [asombro]
ledicia [alegría]
acougo [serenidade, tranquilidade, calma]
candidez [inxenuidade]
deleite [pracer, gozo]
paixón
sorriso

Negativos

fastío [aburrimento]
alporizamento
anoxo [cabreo, enfado]
arrepío [horror]
carraxe [rabia]
desgusto
dor
dúbida
mágoa [pena]
medo
morriña
noxo [repugnancia]
rancor
saudade
soidade
sufrimento
tristeza [tristura]
vergonza [vergoña]
xenreira

Lectura facilitada

Nesta actividade traballaremos coa expresión dos nosos sentimentos.

Vivimos nunha sociedade moi industrializada e perdemos o contacto cos demais.

Debemos aprender a amosar os nosos sentimentos cos demais e xerar empatía.

Compartimos as nosas vidas cando nos comunicamos cos demais.

A continuación temos vocabulario sobre o estado de ánimo das persoas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)