Adxectivos
Adxectivos
Cando vaias describir unha persoa, ou un personaxe, tes que ter presentes un bo número de palabras, é dicir, un amplo vocabulario. As palabras que máis van diferenciar ou caracterizar a unha persoa van ser os adxectivos.
Os adxectivos indican calidades ou estados dos nomes os que acompañan e cos que concordan en xénero e número con eles:
monstro rosa
adx.
Engadindo sufixos aos substantivos, aos adxectivos e aos verbos fórmanse adxectivos novos, por exemplo:
baile (substantivo) + -able (sufixo) → bailable
verde(adxectivo) + -oso (sufixo) → verdoso
comer (verbo) + -ible (sufixo) → comible
Outros sufixos
Outros sufixos que interveñen na formación de adxectivos son moitos, algúns deles serían:
-ento (cruento)
-oso (ventoso)
-ado (respectado)
-ivo (prohibitivo)
-udo (rabudo)
Plural
Para a formación do feminino e do plural, o adxectivo segue as mesmas regras que o substantivo.
bo, boa
vigués, viguesa
senador, senadora
Lectura facilitada
Os adxectivos describen características das persoas que describimos.
Teñen que coincidir en xénero e número coa persoa que describimos.
Podemos empregar sufixos para facer novos adxectivos a partir de substantivos e outras palabras.
Sufixos como:
-ento
-oso
-ado
tamén forman adxectivos.
O plural do adxectivo formámolo da mesma maneira que o plural do substantivo.


