Descrición das persoas
Como xa vimos comentando, para a consecución do reto final é necesario analizar como realizar unha boa descrición dunha persoa.
En primeiro lugar debemos facer unha descrición que sexa ordenada. É fundamental salientar todas as características que a fan diferente ás demais persoas, mais é necesario que sigan unha orde lóxica.
Á hora de describir debemos incluír o aspecto físico seguindo unha orientación; normalmente faise da cabeza aos pés e vanse sumando o carácter ou a forma de ser. Completariamos esta boa descrición con actividades, gustos ou afeccións que a persoa que describimos realice ou teña.
De cara a escoller ben aquelas características que consideres que son necesarias destacar e, poñelas en orde, pode servirche de axuda realizar un mapa conceptual ou un esquema. A continuación presentamos un exemplo dun mapa conceptual sobre as descricións:
Lectura facilitada
Para facer ben unha descrición precisamos ordenala.
Para describir a persoa fisicamente comezaremos desde a cabeza e remataremos nos pés.
Despois falaremos da forma de ser desa persoa.
Tamén falaremos de gustos, actividades ou afeccións desa persoa.
Consulta o mapa conceptual a continuación para organizar a descrición.
.png)