Saltar navegación

5.2. Avaliémonos

Rúbrica de coavaliación

A continuación presentámosche unha rúbrica para que lle pases a cada un dos produtos finais que presentaron o resto dos grupos. Como poderás supoñer, esta crítica é bastante máis técnica e obxectiva que a realizada no punto anterior.

Rúbrica de coavaliación dos grupos
 ExcelenteBoAceptableInsuficiente
Claridade e fluidezEnténdese moi ben toda a información. O volume, ritmo e a entoación son boas. A linguaxe é axeitada á audiencia. (2.5)Enténdese ben toda a información. O volume, ritmo e a entoación son boas, aínda que hai algún erro. A linguaxe é axeitada á audiencia. (1.75)Enténdese toda a información. Hai erros no volume, ritmo ou entoación. A linguaxe non sempre é axeitada á audiencia. (1.50)Non se entende sempre a información. Hai varios erros no volume, ritmo e entoación. A linguaxe non é axeitada á audiencia. (1.25)
Organización e coordinación co resto do equipoHai unha boa organización da presentación de contidos. A orde de presentación é fluída e non hai momentos de dúbida e, no caso de habelos, resólvense de inmediato coa axuda do resto do equipo. (2.5)Hai unha boa organización da presentación de contidos. A orde de presentación é case sempre fluída e os momentos de dúbida resólvense coa axuda do resto do equipo. (1.75)A organización da presentación de contidos non é moi clara. Na presentación hai algún momento de dúbida que non é ben resolto. (1.50)A organización da presentación de contidos é difícil de seguir. Na presentación hai numerosos momentos de dúbida que non son ben resoltos. (1.25)
Interacción coa audienciaHai contacto visual coa audiencia. Modifícanse aspectos da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese ás preguntas de forma clara e coa información axeitada. (2.5)Hai contacto visual coa audiencia a maior parte do tempo. Modifícase algún aspecto da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese á maioría das preguntas de forma clara e coa información axeitada. (1.75)Hai pouco contacto visual coa audiencia. Non se modifican aspectos da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese á maioría das preguntas coa información axeitada. (1.50)Apenas hai contacto visual coa audiencia. Non se modifican aspectos da presentación aínda se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Non se responde ás preguntas coa información axeitada. (1.25)
Interiorización dos contidos As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte sen momentos de dúbida. (2.5) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte cun momento puntual de dúbida, pero poden seguir coa presentación da súa parte. (1.75)As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte con varios momentos de dúbida, pero poden seguir coa presentación da súa parte. (1.50) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte con varios momentos de dúbida, sen poder seguir coa presentación da súa parte. (1.25)
Atractivo visualÉ un xogo atractivo visualmente e invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación de toda a información. (2.5)É un xogo atractivo visualmente e invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación de case toda a información. (1.75)É un xogo pouco atractivo visualmente, pero aínda así invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación dalgunha información. (1.50)É un xogo que non é atractivo visualmente e non invita á súa consulta. O seu deseño non facilita a lectura e interpretación da información. (1.25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica de coavaliación dos grupos (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Portada do diario de aprendizaxe cREAgal

Xa por última vez, pedímosche que vaias agora ao teu diario de aprendizaxe, ese que nos vén acompañando durante este camiño e anotes os aspectos máis relevantes para ti.

Agardo que para ti resultara unha situación estimulante e che fixera recapacitar sobre moitas das cousas que nos rodean.

Ata a próxima!

Lectura facilitada

Escribe no apartado da Fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

Valora o teu traballo no diario de aprendizaxe.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)