Conexión con las palabras
Benvidos e benvidas á esta sección da Fundación *Intelligere & co*. Lembrade que o noso obxectivo é investigar e protexer á cidadanía dos riscos da intelixencia artificial (IA). Imos explorar como a intelixencia artificial (IA) constrúe mensaxes e como, ás veces, falla en comprender a nosa maneira de comunicarnos. Analizaremos casos nos que a IA xera textos incoherentes ou inadecuados, como respostas repetitivas en chatbots ou mensaxes formais en contextos informais. O voso equipo terá que descubrir por qué ocorren estes erros e como podemos mellorar a interacción entre humanos e máquinas.
Converterévos en expertos nas propiedades textuais, aprendendo a distinguir entre textos ben adaptados ao contexto e outros que non o están. A vosa misión é garantir que a IA non rompa a conexión humana nas palabras.