Saltar navegación

Axencia de análise. IA e Linguaxe.

Logo da Fundación

A fundación

Itinerario didáctico

A proposta didáctica contida na proxecto da fundación Intelligere & co propón a equipos de traballo que superen diversos retos relacionados coa intelixencia artificial e as súas interseccións coa cultura, a comunicación e a lingua para finalmente propoñer á súa comunidade próxima o deseño dunha plataforma de IA específica. No percorrido o alumnado irá coñecendo a presencia da intelixenci artificial na súa vida cotidiá, o marco metalingüistico que lle sirve de base, o seu funcionamento, as expectativas e os desafíos que plantexa o seu uso e os mitos que resoan na sociedade ao tratar con elas. Neste sentido, quérese subliñar o valor das dimensións analítica e práctica pero tamén lúdica e creativa da comunicación humana e das súas múltiples linguas.

As tarefas que se van a desenvolver neste itinerario pola fundación Intelligere son cooperativas, baseada en proxectos e actividades concretas a partir de situacións de aprendizaxe auténticas, significativas, profundas, flexibles e adaptadas á vosa diversidade

O proxecto propón achegarse á lingua e ás intelixencias artificiais como obxecto de aprendizaxe para investigar aspectos básicos do seu funcionamento. Nesta proposta trátase de poñer en práctica premisas sobre o enfoque comunicativo e o enfoque baseado en tarefas contido no MCEL para a ensinanza e aprendizaxe das linguas. Dentro deste marco metodolóxico, podemos citar como aspectos que non se poden esquecer no proceso de ensinanza-aprendizaxe:

- Existe un plan de traballo na aula para resolver un problema que se percibe como auténtico.
- Plántase unha situación que o alumnado debe resolver elaborando un produto lingüístico-comunicativo multimodal.
- Organízase a aprendizaxe a través de actividades lingüísticas con un obxectivo comunicativo real, simulando situacións nas que se necesita usar tanto IA (ou os medios dispoñibles) como o idioma.
- Favorecese a colaboración e a interacción entre o alumnado.
- Modifícase o papel do alumnado, que é o protagonista activo da súa aprendizaxe.
- Os obxectivos de traballo e os indicadores de avaliación son coñecidos polo alumnado.
- Trabállanse temas próximos aos intereses do alumnado a través de tarefas que progresan desde as máis simples ás máis complexas.
- Favorécese a interdisciplinariedade e a construción global do coñecemento promovendo o desenvolvemento de competencias plurilingües e pluriculturais.
- Integrase a avaliación no proceso establecendo fases de pre-tarefa, desenvolvemento da tarefa e post-tarefa (avaliación e reflexión).
- As tarefas buscan a acción do alumnado sobre o seu propio entorno de modo que se realicen accións concretas e se alcancen obxectivos específicos.

Axencia de análise. Imaxe corporativa

O voso equipo acaba de acceder á Axencia de análise da Fundación Intelligere & co. 

O lema desta axencia é: Facer visible a Intelixencia artificial no día a día da vida. Facer comprensible a Intelixencia artificial para os próximos dias da nosa vida.

Encantados de contar convosco! Podedes ver o noso vídeo de presentación.

Lectura facilitada

Benvidos e benvidas a Intelligere & co

A nosa fundación é un espazo onde a paixón pola innovación e a tecnoloxía se encontra coa vontade de transformar o mundo.

Traballamos xuntos para explorar os límites da intelixencia artificial e mellorar a vida das persoas.

Estamos convencidos de que a vosa curiosidade, talento e dedicación serán os motores que impulsarán novas descubertas e avances.

Invitámosvos a soñar en grande, a experimentar sen medo ao erro e a colaborar co espírito aberto.

Estamos encantados de contar convosco nesta aventura.

Xuntos, construiremos un futuro onde a intelixencia artificial sexa unha forza positiva, capaz de resolver problemas complexos e de mellorar a calidade de vida en todo o planeta.

A vosa enerxía, entusiasmo e compromiso son esenciais para facer realidade esta visión.

Benvidos á nosa fundación, onde cada día é unha nova oportunidade para aprender, crecer e innovar.

Adiante, cara a un futuro brillante e cheo de posibilidades!

Obxectivos

  • Comprender os diferentes tipos de intelixencia artificial e os seus usos na vida cotiá así como os principios básicos do machine learning e do procesamento da linguaxe natural (PNL).
  • Analizar o funcionamento da comunicación mediada por IA, o concepto de xeración probabilística de contidos e a estrutura do prompt.
  • Avaliar as limitacións da IA na construción de significado e na comprensión do contexto comunicativo.
  • Recoñecer as características fundamentais dos textos instrutivos e o seu propósito comunicativo.
  • Desenvolver estratexias para unha lectura crítica de textos dixitais xenerados por IA e detectar nesgos de representación en diferentes tipos de contidos, incluídos os xerados por IA.
  • Analizar a estrutura semántica do enunciado e como inflúe na interpretación da mensaxe e polas IA.
  • Integrar os coñecementos adquiridos ao longo da unidade na creación dunha ferramenta práctica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)