Saltar navegación

4.1 Iniciar

Pezas para comunicar

Neste departamento exploraremos a linguaxe preguntándonos como lee unha persoa un texto e como o lee unha máquina, ou en outras palabras, adoptando unha perspectiva desde a lingüística e desde o procesamento do linguaxe natural.

¿Sabedes que tanto o noso cerebro como as intelixencias artificiais realizan un proceso similar para entender un texto?

Cando lemos, nós somos capaces de captar o discurso en partes –palabras, lexemas e morfemas– que, ao combinarse, forman o significado global. Pola súa banda, unha IA utiliza a tokenización para separar o texto en tokens, facilitando a súa análise.

Durante a visita a este departamento, participarás en actividades que che permitirán descubrir, de forma práctica, como se relacionan estas dúas formas de procesar a información lingüística. Este enfoque non só enriquecerá o teu coñecemento da linguaxe, senón que tamén che achegará á comprensión das tecnoloxías que están transformando a nosa maneira de comunicarnos na era dixital.

¿Estades listos para desmontar un texto e descubrir como ven a linguaxe as persoas e as máquinas?"

Obxectivos

  • Desenvolver estratexias para unha lectura crítica de textos dixitais e impresos.
  • Identificar as condicións necesarias para interpretar correctamente un texto en función do contexto.
  • Reflexionar sobre os usos discriminatorios da linguaxe e o seu impacto na sociedade.
  • Detectar nesgos de representación en diferentes tipos de contidos, incluídos os xerados por IA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)