
6. Guiar a inclusividade
Tarefa final da misión.
A vosa tarefa final será deseñar un sistema de revisión que garanta que tanto as interaccións coa intelixencia artificial como os resultados sexan inclusivos entregando unha guía de reparación da comunicación coa IA.
Obxectivos da tarefa
- Recompilar información aprendida durante o itinerario formativo e actualizala.
- Garantir a cooperación de todos os membros do equipo na participación activa das tarefas.
- Aplicar principios como inclusión, equidade e neutralidade e relacionalos coa ética na intelixencia artificial.
- Deseñar *prompts* inclusivos, identificando erros comúns e incorporando boas prácticas mediante exemplos revisados e mecanismos de verificación.
- Introducir o uso de plataformas para entrenar modelos simples, analizar datos e crear aplicacións interactivas.
- Analizar as implicacións sociais dos sistemas de IA, reflexionando sobre a responsabilidade do deseño de prompts e a xestión da interacción comunicativa.
- Integrar a dimensión ética e social da tecnoloxía, conectando o traballo práctico coa consciencia cidadá sobre o impacto da IA na vida cotiá.
Elaborar un rexistro da túa exploración
Na vida diaria empregamos guías para saber que facer ou mellorar nas tarefas que estamos a realizar. O voso equipo como analistas do mundo das IA tedes documentos do voso percorrido. Agora lle daredes unha forma de guía aplicada.
A vosa tarefa final será deseñar un sistema de revisión que garanta que tanto as interaccións coa intelixencia artificial como os resultados sexan inclusivos. ¿E como o faremos? Pois entregando algo que chamaremos… ¡a Guía de Reparación! Unha checklist interactiva e amable que nos axudará a mellorar a forma en que nos relacionamos coa IA.
Deseñar esta guía non é só unha tarefa técnica; é moito máis que iso. É unha oportunidade para crear unha ferramenta práctica que realmente nos axude a obter resultados máis xustos e equitativos cando conversamos con sistemas como ChatGPT ou Gemini. Con ela, poñeredes en práctica todo o que aprendestes ata agora na axencia. Será a vosa carta de presentación, o voso legado.
Como elaborar unha Guía de reparación: Fases.
As guías de reparación son unha forma de mellorar a nosa práctica. Nesta tarefa, imos explorar os pasos esenciais para crear unha guía efectiva e atractiva que rexistre tamén o traballo realizado, desde a planificación inicial ata á revisión final.

Fase 1: Activación conceptual e diagnóstico inicial
Duración: 1 sesión
-
Revisión conceptual colectiva (25 min):
- Con todo o grupo-clase revisaremos conceptos clave como inclusión, prexuízo, incorrección e equidade.
- Análise crítica de casos reais: capturas de pantalla de respostas problemáticas da IA (xénero, cultura, capacidade).
-
Chuvia de ideas guiada (25 min):
- Actividade “Prompt problemático”: Cada estudante comparte un exemplo real de prompt que xerou respostas con prexuízos.
- Galería de boas prácticas: Rotación en parellas para identificar patróns comúns en exemplos positivos.
- Clasificación colaborativa usando 4 categorías:
- Criterios de redacción inclusiva
- Exemplo comparativo (antes/despois)
- Erros frecuentes vs. estratexias efectivas
- Mecanismos de verificación
A partir dos exemplos que tiveron ao longo da súa experiencia, o alumnado propón diversos casos de prompts que poden ofrecer resultados incorrectos ou sesgados.
Tamén propoñen exemplos de boas prácticas que se empregarán posteriormente para crear catro grandes grupos de expertos.
Fase 2: Grupos de expertos especializados
Duración: 1 sesión
-
Formación de grupos de expertos.
-
Cada grupo afonda nunha categoría mediante:
- Investigación guiada (recursos proporcionados cos achados da Fase 1).
- Actividade de validación cruzada: Cada equipo presenta avances a outro grupo para recibir “feedback tipo semáforo” (verde: conservar, ámbar: mellorar, vermello: replantexar).
Fase 3: Co-deseño da guía interactiva
Duración: 2 sesións
Cada grupo cooperativo organiza a información obtida seguindo este índice:
- Sección teórica:
- Introdución con infografía sobre IA e inclusión.
- Decálogo de principios éticos (con iconografía orixinal).
- Diagrama de fluxo para o diagnóstico de prompts.
- Banco de recursos prácticos:
- Pequenos titoriais estudantís (ex.: “Como neutralizar prexuízos de xénero en 3 pasos”).
- Banco de prompts mellorables + versión optimizada (formato despregable).
- Checklist interactiva:
- Sistema de puntuación con niveis de logro (ex.: “Nivel 1: Linguaxe neutra”, “Nivel 2: Perspectiva múltiple”).
- Autoavaliación con retroalimentación automatizada.
Fase 4: Revisión e Retroalimentación
Duración: 1 sesión
Nesta fase, cada un dos grupos presentará as catro seccións que compoñen a súa guía para recibir comentarios e suxestións.
Garantirase unha revisión cruzada: cada grupo enviará a súa persoa representante a outro grupo, de xeito que se organice unha discusión construtiva onde se destaquen puntos fortes e se propoñan melloras, mantendo sempre un ton respectuoso e colaborativo. Realizaranse dúas roldas (aínda que se poderían facer máis).
Finalmente, cada grupo reúnese de novo, incorpora as suxestións e revisa a redacción para garantir coherencia, claridade e a aplicación dunha linguaxe inclusiva.
Fase 5: Laboratorio de IA ética
Duración: 2 sesións
Integración con Machine Learning for Kids:
1. Construción do dataset ético:
- Cada estudante contribúe con 10 pares de prompts (sesgado vs. corrixido) etiquetados con:
• Variables demográficas consideradas.
• Tipo de prexuízo mitigado.
• Estratexia aplicada.
- Adestramento do modelo predictivo:
- Configuración de parámetros de clasificación (árbore de decisións).
- Probas iterativas con validación de falsos positivos/negativos.
- Prototipo de asistente ético:
- Integración do modelo nunha web app.
- Deseño dunha interface amigable con sistema de alertas preventivas.
Fase 6: Proba e retroalimentación
Duración: 1 sesión
Metodoloxía de testeo:
1. Simulación de casos límite:
- Cada equipo deseña 3 escenarios complexos (ex.: consultas sobre roles de xénero + discapacidade).
- Aplicación en paralelo: prompts sen checklist vs. con checklist.
- Sesión de valoración colaborativa:
- Feedback en cadea: rotar as checklists entre equipos para engadir comentarios con notas adhesivas virtuais (ex.: “Falta considerar dialectos non hexemónicos”).
- Metarreflexión grupal usando a técnica “Antes pensaba… Agora penso…”
Exemplos de Intelixencias Artificiais para axudar no proxecto
-
ChatGPT (OpenAI):
- Uso: Axuda coa redacción do guión e a investigación sobre temas relacionados coa IA. Tamén pode xerar ideas e responder preguntas técnicas.
- Exemplo: Os estudantes poden preguntarlle a ChatGPT sobre exemplos de IA na vida cotiá ou pedir axuda para redactar partes específicas do guión.
-
DALL-E (OpenAI):
- Uso: Creación de imaxes e gráficos para acompañar o podcast ou para o material promocional.
- Exemplo: Xerar unha imaxe representativa da intelixencia artificial para usar como portada do podcast.
Dende a Axencia de análise esperamos que estas orientacións sexan útiles para crear a vosa guía. Non esquezades que a práctica e a cooperación no teu equipo axudarante a mellorar o voso documento. Ata o próximo prompt!
Lectura facilitada
Fase 1: Activación e exploración inicial
Duración: 1 sesión
-
Revisión colectiva de conceptos (25 min):
- O grupo-clase aprende palabras clave como inclusión, equidade e erro.
- Vemos exemplos reais de respostas de intelixencia artificial (IA) que teñen erros sobre xénero, cultura ou capacidades das persoas.
-
Chuvia de ideas guiada (25 min):
- Actividade “Prompt problemático”: Cada estudante trae un exemplo real onde a IA deu unha resposta con prexuízos.
- Galería de boas prácticas: En parellas, revisamos exemplos de prompts ben escritos.
- Xuntamos os exemplos en catro categorías:
- Como escribir de forma inclusiva.
- Exemplos de antes/despois.
- Erros frecuentes e formas de melloralos.
- Como comprobar se un prompt é correcto.
Os estudantes propoñen casos de prompts que poden ter erros ou que son bos exemplos. Estes exemplos axudarán na seguinte fase.
Fase 2: Grupos de expertos
Duración: 1 sesión
- Formamos grupos. Cada grupo traballa unha categoría da fase anterior.
- O grupo aprende máis sobre a súa categoría usando:
- Información guiada con recursos que xa temos.
- Validación cruzada: Cada grupo ensina os seus avances a outro grupo. Reciben comentarios seguindo o “feedback semáforo”:
- Verde: está ben.
- Ámbar: mellorable.
- Vermello: hai que cambialo.
Fase 3: Creación da guía interactiva
Duración: 2 sesións
Cada grupo fai unha parte da guía seguindo este índice:
- Parte teórica:
- Explicación sinxela sobre IA e inclusión con debuxos.
- Lista de boas prácticas con iconas.
- Diagrama para saber se un prompt está ben escrito.
- Banco de recursos:
- Pequenos titoriais feitos polos estudantes (ex.: “Como evitar prexuízos de xénero en 3 pasos”).
- Lista de prompts mellorables con versión corrixida.
- Checklist interactiva:
- Puntuación de inclusión en tres niveis.
- Proba de autoavaliación con consellos automáticos.
Fase 4: Revisión e melloras
Duración: 1 sesión
Cada grupo presenta a súa parte da guía.
- Cada grupo envía un representante a outro grupo para comentar e mellorar as ideas.
- Fanse dúas roldas para asegurar bos comentarios.
- Finalmente, cada grupo revisa e mellora a súa parte, asegurando que a linguaxe sexa clara e inclusiva.
Fase 5: Laboratorio de IA ética
Duración: 2 sesións
Traballo con Machine Learning for Kids:
1. Creación dun conxunto de datos ético:
- Cada estudante achega 10 exemplos de prompts (con erro e corrixido).
- Engaden información sobre o tipo de erro e como o corrixiron.
- Adestramento dun modelo de IA:
- Configuran un sistema que aprende a recoñecer os erros.
- Fan probas para mellorar os resultados.
- Creación dun asistente ético:
- Integran o modelo nunha aplicación web.
- Deseñan unha interface sinxela con avisos para mellorar os prompts.
Fase 6: Proba e valoración
Duración: 1 sesión
- Simulación de casos difíciles:
- Cada grupo crea 3 situacións complexas (ex.: sobre xénero ou discapacidade).
- Comparan resultados con e sen checklist.
- Revisión en grupo:
- Cada equipo revisa o traballo doutro equipo e deixa comentarios con notas adhesivas.
- Reflexión final:
- Técnica “Antes pensaba… Agora penso…” para valorar o aprendido.
Lista de cotexo
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.


Logro de insignias
Unha vez rematada a elaboración do traballo é o momento de asignar as insignias acadadas no desempeño da vosa misión.

Innovación. Indicadores
- Orixinalidade dos temas tratados na guía.
- Enfoque creativo e novo sobre aspectos da IA.
- Aplicación innovadora dos contidos traballados.
Cooperación. Indicadores
- Comunicación eficaz e distribución equitativa das tarefas e responsabilidades.
- Resolución colaborativa de problemas e desafíos.
- Inclusión e valoración das ideas de todos os membros do equipo.
Presentación. Indicadores
- Claridade e fluidez na exposición dos contidos.
- Capacidade para manter o interese e atención do público da guía.
- Organización lóxica e coherente no desenvolvemento da guía.
Técnica. Indicadores
- Calidade na edición do documento.
- Uso eficaz de ferramentas de edición de texto e imaxe.
- Implementación de efectos tipográficos e visuais.
Investigación. Indicadores
- Claridade e precisión na documentación do traballo realizado.
- Inclusión de descricións detalladas de cada etapa do proceso.
- Facilidade de comprensión e seguimento por terceiros.
Servizo. Indicadores
- Facilidade de uso e accesibilidade da guía para a diversidade de público.
- Deseño intuitivo e amigable da estrutura da guía.
- Iteracións e melloras baseadas en comentarios dos usuarios.
Sostenibilidade. Indicadores
- Uso responsable e sostible de recursos dixitais.
- Sensibilidade cara á eliminación de nesgos culturais discriminadores.
- Inclusión de reflexións sobre a importancia da inclusión na IA.
Adaptabilidade. Indicadores
- Capacidade para superar obstáculos e desafíos durante a guía.
- Persistencia e determinación do equipo.
- Aprendizaxe e mellora continua ao longo da exploración.
Se necesitades a versión impresa, podedes empregar o PDF dos indicadores dispoñible na sección de Ficheiros anexos.
Ficheiros anexos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0