Saltar navegación

3.3 Afondar

Pregunta Verdadeiro-Falso

Responde verdadeiro ou falso aos seguintes enunciados.

Pregunta 1

Os textos instrutivos só se utilizan en manuais de usuario e receitas de cociña

Suxestión

Revisa a lista de tipos de textos instrutivos no texto para comprender a súa diversidade de usos.

Pregunta 2

A eficacia dun texto instrutivo depende da súa claridade, orde e precisión

Suxestión

Reflexiona sobre como a ambigüidade pode xerar confusión en instrucións importantes, como as de seguridade.

Pregunta 3

A intelixencia artificial pode axustar os textos instrutivos segundo o nivel do usuario, adaptando a linguaxe.

Suxestión

Investiga como funcionan os sistemas de axuda automatizada e os chatbots en educación.

Pregunta 4

Os asistentes virtuais empregan textos instrutivos nunha gran parte das súas respostas, especialmente en consultas de soporte técnico.

Suxestión

Reflexiona sobre como a IA mellora a experiencia dos usuarios a través de respostas estruturadas e automatizadas.

Tarefa

Duración:
15
Agrupamento:
Grupos 3/4

Nesta actividade, imos crear un mapa conceptual colectivo sobre o que sabedes sobre os textos xenerados por intelixencia artificial (IA). Cada grupo recibirá unha folla grande e catro marcadores de cores diferentes, un para cada integrante. O obxectivo é escribir ideas ou palabras asociadas a “textos xenerados por IA”.

Instrucións:
1. Cando o docente dea a sinal, comezaredes a escribir en turnos estritos. Cada persoa escribirá unha soa palabra ou frase curta relacionada co tema.
2. Despois de escribir, pasarás o marcador ao compañeiro da túa dereita. Este proceso repetirase ata que se acabe o tempo ou non xurdan novas ideas.
3. Importante: Non repitas ideas xa escritas polos teus compañeiros. Se non tes nada novo que engadir, pasa directamente o marcador.
4. Ao finalizar, teredes un mapa conceptual grupal con contribucións de todos os membros.

rexistro:
O resultado será un mapa conceptual visible onde cada cor representa as ideas dun membro do grupo. Este rexistro servirá para analizar máis tarde que coñecementos previos tiñades sobre o tema.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)