Presentación
Xa estades a traballar nun proxecto de *Intelligere & co*. Tedes na vosa mesa unha petición para que deseñedes unha guía para orientar a un grupo de alumnos de 2º de ESO na creación do seu primeiro proxecto de IA. Como organizarías ese documento?
Os textos instructivos son a clave para comunicar procesos complexos de maneira accesible, unha habilidade esencial nun mundo onde a IA redefine como aprendemos e traballamos. A finalidade dun compoñente como o prompt é fundamental e non deixa de ser un representante dos textos instrutivos xa que con el dámoslle una orde ao sistema de IA.
Nesta sección analizaremos en que consisten. Dominar o texto instructivo non só mellora a túa comunicación, senón que ese aprendizaxe se converterá nun ponte entre a tecnoloxía e as persoas.