Saltar navegación

5.3 Afondar

Pregunta Verdadeiro-Falso

Indica se son verdadeiros ou falsos os enunciados seguintes:

...

Pregunta 1

As relacións semánticas son conexións entre palabras baseadas exclusivamente na súa forma escrita

Suxestión

Reflexiona sobre exemplos como sinonimia e antonimia para comprender mellor a conexión entre significados.

Pregunta 2

Os hipónimos e hiperónimos axudan a establecer unha progresión lóxica na exposición dos contidos

Suxestión

Practica creando categorías xerárquicas con termos do teu ámbito de estudo.

Pregunta 3

Os motores de busca usan relacións semánticas como a sinonimia para mellorar os resultados das procuras.

Suxestión

Proba a buscar un termo en internet e usa sinónimos para ver como varían os resultados.

Pregunta 4

A ambigüidade semántica é un problema menor no procesamento da linguaxe natural.

Suxestión

Analiza frases ambiguas e intenta reformulalas para evitar confusións

Teléfono de IA multilingüe

Duración:
20
Agrupamento:
Grupos cooperativo (3-4)

Nsta tarefa analizaremos como o sentido dun enunciado ao pasar dun idioma a outro se vai perdendo e como nese traslado perdemos sentido. A dinámica é semellante á do xogo do teléfono estropeado, pero trasladada ao mundo da xeración de texto cunha IA.

Faremos un estudo de caso sobre os erros en traducións automáticas en cadea. Para iso, os grupos deben seleccionar un texto breve, como un poema, unha expresión idiomática ou un chiste local. Un exemplo sería "Ser máis listo que un allo", que se traducirá primeiro ao inglés, logo ao chinés e finalmente de volta ao galego. Empregaranse ferramentas de tradución automática como Google Translate ou DeepL para pasar o texto por tres idiomas antes de regresar ao orixinal.

O obxectivo é documentar as distorsións producidas durante o proceso, identificando cambios de significado, alteracións no ton ou erros culturais. Esta análise permitirá reflexionar sobre as relacións semánticas e comprender mellor o funcionamento da intelixencia artificial.

Visibilizar relacións

Duración:
20
Agrupamento:
Grupos cooperativo (3-4)

Nesta segunda tarefa o alumnado vai explorar as relacións léxicas e, finalmente, vai contrastalas cos resultados que pode achegar unha IA.

Durante a primeira fase, que dura cinco minutos, cada estudante recibe unha tarxeta cunha palabra en galego e debe anotar no seu caderno tres sinónimos, un antónimo e un exemplo de uso nun enunciado.
Nunha segunda fase, tamén de cinco minutos, o alumnado forma parellas e entrevístanse mutuamente sobre as súas respostas, formulando preguntas como "Por que escolliches ese antónimo?". A actividade repítese con outra parella, garantindo que todos os participantes asuman os roles de entrevistador e entrevistado.
Na terceira fase, de 20 minutos, cada parella presenta as súas conclusións ao grupo completo e, de xeito colaborativo, crean un mapa conceptual en papel ou mediante ferramentas dixitais como Canva ou Google Slides, relacionando as palabras coas súas variacións léxicas e os matices de significado que poden ter.
Finalmente, na última fase, tamén de 20 minutos, utilizan ChatGPT para contrastar as súas respostas, formulando consultas como "Cales son os sinónimos de ‘feliz’ en galego e castelán?" e comparan os resultados da intelixencia artificial co seu propio mapa conceptual e analizan posibles diferenzas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)