Saltar navegación

2. Xerar contidos cunha IA

Presentación

Diariamente enviamos mensaxes aos nosos contactos; cando lle envías unha mensaxe a un amigo pedíndolle axuda cun problema, a súa resposta non depende só das palabras que uses, senón tamén do vínculo que ten contigo, da súa capacidade de poñerse no teu lugar, das súas experiencias e do seu contexto.

Pero, que ocorre se envías a mesma pregunta a un sistema de IA? A resposta será rápida e precisa, pero como se xera? De que depende? Como se establecen eses vínculos e contextos?

Este apartado explora o funcionamento da comunicación na IA, como crea mensaxes a partir de probabilidades e en que se diferencia da interacción humana. Dominar estes conceptos permitirache empregar as ferramentas dixitais con maior conciencia e creatividade.

Obxectivos

- Analizar o funcionamento da comunicación mediada por IA e as súas diferenzas coa comunicación humana.
- Comprender o concepto de xeración probabilística de contidos e como inflúe nos resultados producidos por unha IA.
- Explorar o papel do *prompt* como instrución clave para mellorar a interacción con modelos de IA.
- Avaliar as limitacións da IA na construción de significado e na comprensión do contexto comunicativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)