Que se fai cando?
En grupos imos localizar nos seguintes escenarios que papel xogan as instrucións, que permiten e onde os podes atopar.
- Escenario 1. Tes un paquete con diversas pezas dun armario pendente de montaxe.
- Escenario 2. Tes un botiquín de primeiros auxilios.
Agora tamén en grupos pensade nestes dous escenarios e describe quen dá as instrucións.
- Escenario 1. Estás ante unha aplicación de móbil e solicitas o traxecto máis breve para chegar a unha farmacia.
- Escenario 2. Realizas unha chamada a unha empresa telefónica para tratar de que atendan unha avaría de servizo que ten o teu teléfono móbil.
Realizade unha táboa de similitudes e diferencias entre os dos grupos de escenarios.