Saltar navegación

1.1 Iniciar

Presentación

Cal é o futuro das Intelixencias Artificiais? Como responden ás nosas instrucións? Que poden entender das nosas mensaxes?

Neste segundo bloque, estudaremos con máis precisión os modelos de IA e estudaremos algunhas ideas fundamentais para clarificar o fenómeno.

Círculo de ideas: Que sabes ou escoitaches sobre machine learning?

Duración:
10
Agrupamento:
Grupos (3-4 persoas)

Organización:

  • Os estudantes organízanse en grupos pequenos (3-4 persoas) e cada grupo forma un círculo. Un dos seus membros actúa como anotador (o rexistrador).
  • A pregunta inicial aparece no encerado ou proxectada nunha pantalla: Que sabes ou escoitaches sobre a aprendizaxe dunha IA?
  • Cada estudante ten 1 minuto para compartir unha idea mentres os demais escoitan atentamente.
  • A persoa que rexistra, recolle as respostas clave nunha folla compartida (incluída a súa).

Despois de completar o pequeno círculo, cada grupo selecciona as tres ideas máis interesantes.  Estas ideas pódense presentar brevemente ao resto da clase nunha ronda en círculo grande.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)