Información
O Streamlinig ou aerodinamismo xorde en EE UU na primeira metade do século XX co desenvolvemento da industria aeronáutica e de transporte e a introdución de novas tecnoloxías que posibilitaban novos produtos cun aspecto e un rendemento máis aerodinámico. O Streamlining ou Streamline caracterízase polo emprego de formas curvas e onduladas e longas liñas horizontais que aportan aerodinámica a todo tipo de obxectos e produtos. Este movemento exerceu moita influencia no deseño de automóbiles e vehículos, incentivando a demanda coas súas liñas atractivas e modernas.

No estilo aerodinámico destacan deseñadores como Raymond Loewy, Bel Geddes ou Henry Dreyfuss.
