Saltar navegación

A Revolución Industrial

Información

Da artesanía á industria


Antes da Revolución Industrial a produción de obxectos era artesanal e manual. A persoa artesá controlaba todo o proceso dende a planificación á execución. Coa Revolución Industrial do século XIX, prodúcese unha división do traballo co cal os obxectos serán elaborados por varias persoas, especializándose cada unha nunha parte do proceso. Ademais, as novas tecnoloxías, como a máquina de vapor, e os novos materiais como o ferro e o aceiro facilitarán a fabricación en serie dos produtos. Isto, asociado ao aumento da poboación urbana e do seu poder adquisitivo e ao incremento da demanda, estimulará a creación a gran escala de produtos de maior calidade a un custo máis reducido.

Sección de Máquina de vapor
José Alberto Bermúdez. Sección de Máquina de vapor (CC BY-NC-SA)

A maior oferta incentivou unha maior demanda, non só de produtos de consumo senón tamén de cultura. Así o deseño gráfico experimenta un desenvolvemento sen precedentes polo seu papel na comercialización de produtos e na comunicación gráfica. A aparición da fotografía e da litografía en color, a creación de novas tipografías son exemplos do cambio que se estaba producindo na forma de entender o deseño.

A partir do século XIX as etapas de planificación e de execución xa non son realizadas por un artesán que controlaba todo o proceso. Esta especialización nas fases de traballo provocará cambios moi profundos na forma de entender a produción de obxectos.

Revolución industrial. Contaminación
D.O.Hill. Revolución industrial. (CC0)