Saltar navegación

As Vangardas

Información

FUTURISMO

Letras en liberdade
Sailko. Marinetti. Zang Tumb TumB (CC BY)

O Futurismo é un movemento de vangarda que xorde en Italia no 1909 coa publicación do  manifesto de Filippo Tommaso Marinetti. Nel reivindícase o perigo, a temeridade e a rebeldía. Defende a violencia fronte á inmobilidade e a beleza da velocide e das máquinas. " Un coche de carreiras. Un automóbil que roxe que parece que corre sobre a   metralla é máis fermoso que a Victoria de Samotracia." di F. Marinetti no Manifesto futurista.

A partir de 1912 Marinetti empezará a compoñer as chamadas "palabras en liberdade", vocablos cun tipografía oposta ao tradicional que rexeitan a harmonía e que adoitan disposicións libres sen agruparse en palabras ou parágrafos. Un bo exemplo é o libro Zang Tumb Tumb no que Marinetti introduce unha tipografía moi expresiva que lembra os sons  e estouridos da guerra.

Giacomo Balla,Pintor e escultor, foi outro dos firmantes do Manifesto futurista e o introdutor do movemento nas artes decorativas. Nas súas obras reflicte a preocupación polo  movemento e a tecnoloxía da modernidade.

CUBISMO

Papier collé
Gandalf's Gallery. Pablo Picasso (CC BY-NC-SA)

O Cubismo é o primeiro movemento vangardista, que xorde en Francia en 1907. Supón unha ruptura coa forma de representación e co punto de vista da tradición pictórica. Os obxectos non se van representar como son ou como os vemos, senón como os deconstrúe a mente en formas xeométricas básicas ou esenciais.

Nun primeiro período, denominado Cubismo analítico, as obras cubistas empregan cores apagadas e estruturas xeométricas para representar os diferentes puntos de vista dun obxecto, polo que podemos visualizalo dende múltiples perspectivas. Nun segundo momento buscarase a representación a través da xeometría  de formas esenciais e introduciranse técnicas como a colaxe e o papier collé e a variedade cromática.

Algúns dos membros máis destacados son Pablo Picasso, Georges Braque ou  Juan Gris.

DADAÍSMO

póster dada
Theo van Doesburg.centraalmuseum.nl . Póster Dadá (CC0)

O Dadaísmo é un movemento antiartístico e provocador que xurdiu en Zurich ó redor do Cabaret Voltaire, un lugar de reunión na que se xuntaban persoas exiliadas de toda Europa. A masacre da I Guerra Mundial foi un revulsivo para os artistas que provocou un forte sentimento nihilista e destrutivo.

O Dadaísmo iníciase co poeta rumano Tristán Tzara, uníndose posteriormente Hugo Ball, Jean ArpMarcel Duchamp, Hannah Höch  ou Raoul Haussmann.

Duchamp sería un dos autores máis destacados, sendo moi coñecido polas súas esculturas ready-made ou obxectos encontrados nos que se reflectían os conceptos de aleatoriedade e de liberdade absoluta que defendía o movemento dadá.

O movemento estendeuse por Europa tendo moita importancia no deseño gráfico, sobre todo no uso da fotomontaxe (Hannah Höch ou Raoul Haussmann) feita con asociacións casuais e discordantes.



SURREALISMO

Teléfono con langosta
Jim Linwood. Teléfono langosta. Salvador Dalí (CC BY)

O Surrealismo está influenciado polas teorías de Sigmund Freud sobre o inconsciente. Xorde en Paris onde Andre Breton publica o Manifesto Surrealista en 1924. Nel deféndese a irracionalidade e a inconsciencia, a liberdade e a loucura.

Algunhas das técnicas de automatismo máis coñecidas do Surrealismo son o cadáver exquisito, o collage, a calcomanía, o frottage ou o grattage.

Foi un dos movementos vangardistas máis importante e a súa influencia aínda continúa na actualidade, polo que a nómina de artistas é moi ampla. Destacamos a Man Ray, Salvador Dalí, René Magritte, Joan Miró, etc.

DE SIJL. NEOPLASTICISMO

Cadro Mondrian
Ángel M. Felicísimo. Mondrian (CC BY)

O Neoplasticismo, tamén chamado Construtivismo holandés ou De Sijl (revista de artes), foi creado por Piet Mondrian. Trátase dun movemento influenciado polo Cubismo e a Teosofía que pretende ser unha arte pura a través dun proceso de abstracción progresiva ata chegar ás liñas rectas e ao emprego das cores primarias, da branca e da negra.

Ademais de Piet Mondrian, destaca Theo van Doesburg, fundadores os dous da revista De Sijl.

O Neoplasticismo terá moita influencia nas artes e no deseño  ao pór en valor a sinxeleza e a pureza das composicións.

Esta famosa cadeira de Gerrit Rietvel leva ao espazo tridimensional as ideas de Mondrian.
Cadeira vermella e azul
Ellywa. Cadeira vermella e azul.Gerrit Rietveld (CC0)

CONSTRUTIVISMO

O Construtivismo será a arte por excelencia da Revolución Rusa poñéndose ao seu  servizo para colaborar na creación dunha nova sociedade e antepoñendo a funcionalidade a criterios estéticos.

Os construtivistas farían un deseño gráfico no que empregarían tipografías sinxelas de pao seco, con predominio das cores negras e vermellas nas que primaba a funcionalidade e a claridade da mensaxe.

Destacan artistas como Aleksandr Rodchenko, El Lissitzky ou Varvara Stepanova.

El Lissitzky foi un artista polifácetico que participou no  Suprematismo fundado por Malévich. Este movemento,reivindicaba a supremacía da nada e a abstracción xeométrica na procura dunha arte espiritual libre da utilidade que se daría na súa escisión, o Construtivismo.

Construtivismo
Russian Constructivism. Alexander Rodchenko (CC BY)

 

 

Varvara Stepánova foi poeta, pintura e deseñadora gráfica e téxtil. Destacan os seus deseños de roupa de traballo baseados nas ideas do construtivismo: prendas funcionais, formas xeométricas, cores puras nun intento de levar a arte ao cotián da vida.

BAUHAUS

Edificio Bauhaus
Moonglow. Bauhaus. Dessau (Licenza Pixabay)

Walter Gropius fundou en Weimar (Alemaña) no ano 1919 a escola Bauhaus (Bau=construción e Haus=casa) unindo a Academia de Artes Figurativas e a Academia de Artes e Oficios. A súa filosofía promovía o ensino das materias de forma experimental e práctica e a fusión das diferentes artes.

O alumnado da Bauhaus tiña que cursar un ano preparatorio onde se estudaban os principios básicos do deseño e da teoría da cor para despois ao ano seguinte especializarse nun oficio artesanal. A influencia do movemento Arts and Crafts de William Morris é notable e o alumnado pasaba de aprendiz a oficial e, finalmente, se tiña valía convertíase en mestre.

Ao longo dos anos a Bauhaus iría cambiando de lugar fuxindo do nazismo. Weimar, Dessau e Berlín serían as súas sedes ata a súa disolución en 1933. Tamén foron mudando os ideais e os principios da escola dende un idealismo inicial cara un funcionalismo industrial máis racionalista; baixo a dirección de Hannes Meyer acabou moi politizada e con menos interese polas cuestións artísticas. Finalmente, o arquitecto Mies Van der Rohe acabouna convertindo, sobre todo, nunha escola de arquitectura.

Coa persecución nazi a Bauhaus desaparece e moitos dos seus membros terán que exiliarse a EEUU (Walter Gropius, Mies Van der Rohe, Marcel Breuer, Lászlo Moholy-Nagy (que funda en Chicago a New Bauhaus) e alí continuarán a súa carreira.

Coa Bauhaus pódese afirmar que comeza o deseño industrial como disciplina.

CARACTERÍSTICAS DA BAUHAUS

  • Influencia doutros movementos vangardistas como De Stijl ou do Construtivismo ruso.
  • Non se diferencia entre arte e artesanía. Esta será moi importante nos anos iniciais para finalmente ir primando os procesos industriais.
  • Gesamtkunstwerk: A arte debía integrar todas as artes para crear “unha obra de arte total”.
  • A utilidade é o principal, polo que se elimina todo o que sexa accesorio ou ornamental. Destacan as formas lineais e xeométricas simples: círculo, cadrado e triángulo. Prima o esencial e o funcional.(Minimalismo).
  • No deseño empréganse as liñas rectas con deseños xeométricos.
  • Destaca o uso das cores primarias: azul, vermello e amarelo.
  • No deseño de mobles empréganse materiais, algúns moi novos na época, como o ferro, o cristal, o plástico, o coiro, o aceiro, a madeira ou o aluminio. Predominan as cores brancas, grises, negras, a cor cromo ou o marrón.

A Bauhaus tamén se caracterizou por ter como profesores a artistas de altísimo nivel. Podemos destacar a:

  • Walter Gropius
  • Mies Van der Rohe
  • Theo Van Doesburg
  • Wassily Kandinsky
  • Paul Klee
  • Laszlo Moholy-Nagy
  • Joseph Albers
  • Marcel Breuer
Marcel Breuer deseñaría a cadeira de metal tubular en 1925 inspirándose na bicicleta Adler.
Cadeira Bauhaus
Borowski. Cadeira B3 ou Wassily. Marcel Breuer (CC0)
A influencia do Construtivismo, De Stijl e do Cubismo é notoria no cartel de Joost Schmidt para a exposición da Bauhaus no 1923.
Cartel Bauhaus
Joost Schmidt. Bauhausaustellung (CC0)
Marianne Brandt creou unha teteira funcional pero cun deseño innovador moi estético  con láminas de latón prateado e ébano.
Tetera Bauhaus
Sailko. Tetera. Marianne Brandt (CC BY)
Peter Keler inspirouse en Kandinsky empregando as cores primarias e as formas asociadas a elas.
Cuna Bauhaus
Helena. Cuna. Peter Keler (CC BY)

En Dessau, a Bauhaus  incorporaría como profesor a Herbert Bayer que levaría o laboratorio de tipografía e deseño gráfico.  En 1925 deseña un proxecto de  alfabeto universal só con minúsculas empregando caracteres de construción xeométrica e cunha finalidade funcionalista, Como veremos no apartado de tipografía, os traballos de Herbert Bayer terían unha grande influencia no deseño.

Tipografía Universal
Herbert Bayer. Tipografía Universal (CC0)

Ponte a proba

Pregunta 1

O Futurismo nace en Italia

Pregunta 2

O Futurismo defende a guerra e a violencia

Pregunta 3

O Cubismo foi o movemento vangardista que máis tarde apareceu

Pregunta 4

Duchamp foi un dos representantes da Bauhaus

Pregunta 5

O movemento Surrealista é un dos que máis influirán na arte.

Le e escribe

Le este texto sobre a artista dadaísta Hannah Höch e realiza as actividades que se propoñen:

Höch Hannah Höch fue una de las artistas dadaístas que trabajó la técnica del fotomontaje con intenciones plásticas. Fue además una importante activista de los derechos de la mujer, denunciando continuamente una sociedad machista y misógina. 100 años después, la lucha continúa. La mayor de cinco hermanos, Höch inició sus estudios en el Berlín previo a la I Guerra Mundial, donde se gestaría un importante núcleo del movimiento Dadá. Al comienzo de la guerra, se unió como voluntaria a la Cruz roja. Uno de los hechos que marcó su vida fue conocer al dadaísta Raoul Hausmann, con el que además de tener una aventura extramatrimonial pudo observar de primera mano el proceso de creación del creador del fotomontaje. En sus propias palabras, «los resultados fueron artísticamente productivos pero con una relación turbulenta». También conoció en esos años a otro ilustre dadaísta: Kurt Schwitters que la bautizó «la dadásofa». Una de sus temáticas más recurrentes (si es que el dadá tiene algún tema) era la presentación de la «mujer nueva», esa que puede vivir independiente, libre y de tú a tú con el hombre. Esa que proliferó en la caótica pero fascinante República de Weimar. Hannah Höch denunció continuamente las tropelías de una sociedad machista y misógina y habló además abiertamente de la androginia y el amor lésbico, cosa que conocía de primera mano dada su nada oculta bisexualidad. Höch participó activamente en el movimiento dadá, pero al morir el movimiento se integró en otros grupos de vanguardia extrema como De Stijl. En 1937 sufriría la ira nazi por su «extremismo» y al hacer un evidente Arte Degenerado, así que no le quedó más remedio que exponer en el extranjero.

(CC) Miguel Calvo Santos, 29-03-2017

 

     ACTIVIDADES:

  1. Busca información sobre os autores destacados en negriña.
  2. A que lle chamaban no Nazismo Arte dexenerada?
  3. Que dificultades tivo Hannah Höch por ser muller?

Busca

Investiga sobre as mulleres da Bauhaus. Mencionamos a Marianne Brandt e o seu deseño de teteira, pero non hai que esquecer o traballo de  Lilly Reich, Lou Scheper-Berkenkamp,  Anni Albers, Gunta Stölzl, Benita Koch-Otte  ou Otti Berger, Realiza unha presentación na que aparezan mostras do seu traballo.

Rapazas clase de tecido. Bauhaus
Oskar schlemmer. Alumnas da clase de tecido. Bauhaus (CC0)

Ampliación

No ano 2019 o Museo Thyssen-Bornemisza realizou unha exposición titulada Pioneras .Mujeres de la vanguardia rusa. A súa comisaria Marta Ruiz del Árbol ofreceu unha conferencia na que fai un percorrido polas principais figuras femininas da vangarda rusa.

1.Despois de ver o vídeo, selecciona aquelas artistas que che pareceron máis interesantes e explica o motivo.

2. Varvara Stepánova foi unha defensora dos dereitos da muller. Busca información sobre a súa faceta feminista.

3. Natalia Goncharova, Alexandra Exter, Olga Rózanova, Nadeshda Udaltsova, Liubov Popova, Sonia Delaunay ou Stepanova son algunhas das artistas rusas máis destacadas da época das vangardas. 

Apoio visual

pioneras