Información
O Radical Design ou Deseño radical xorde en Italia nos anos sesenta como reacción aos principios do bo deseño e ás escolas clásicas como a Bauhaus. Forman parte dunha cultura Underground que critica o consumismo e o funcionalismo, reivindicando a utopía, a creatividade e a diversión. Nos seus deseños introducirán novos materias como a espuma poliuretánica.
Os principais representantes do Deseño radical son os grupos Superstudio, Archizoom, Gruppo Strum, UFO, Global Tools e deseñadores como Andrea Branzi, Riccardo Dalisi ou Stefan Wewerka.
O Deseño radical comparte o seu antiracionalismo co Antideseño, aínda que o primeiro é máis teórico e experimental.
O Antedeseño xorde co estilo barroco de Turín caracterizado polo súa oposición ao racionalismo.

