Saltar navegación

Art Nouveau

Información

O movemento Art Nouveau desenvolveuse entre finais do século XIX e o inicio da I Guerra Mundial en 1914. Trátase dun estilo que afectou especialmente ás artes decorativas e a arquitectura, aínda que a súa influencia vai estar presente en todas as artes do momento. O Art Nouveau pretende ser unha ruptura coa arte anterior cun estilo novo e moderno.

Foi un estilo coñecido con diferentes nomes segundo o país: Art Nouveau (Francia e Bélxica), Modernismo (España) , Sezession (Austria), Jugendstil (Alemaña e nos países nórdicos), Modern Style (Inglaterra), Nieuwe Kunst (Holanda), Liberty ou Floreale en Italia.

O termo Art Nouveau procede dunha galería de arte de París aberta en 1895 chamada Salon de l'Art Nouveau na que se expoñería a nova arte de autores europeos e americanos.

Vidriera modernista
Geert Schneider. Art-Noveau glasraam - "La Vague" (CC BY 2.0)

         A Art Nouveau é un movemento con influencias moi diversas:

Las numerosas fuentes que se suelen citar para el Art Noveau son difusas y variadas e incluyen ilustraciones de libros de William Blake, la ornamentación celta, el estilo rococó, el movimiento Artes y Oficios, la pintura prerrafaelista, el diseño decorativo japonés y en especial las xilografías del ukiyo-e. Otra fuente importante de inspiración importante fue la pintura europea de finales de la década de 1880, que había sucumbido al hechizo asiático. Las formas en remolino de Vicent Van Goh, el color plano y el contorno natural de Paul Gauguin y la obra de los artistas jóvenes del grupo Nabis también tuvieron que ver.

Philip. B. Megss, Alston W. Purvis: Historia del diseño gráfico. Páx. 195. Editorial RM. 2009.

 

Estampa de dúas mulleres xaponesas
Utamaro. C. 1795. Dúas Belezas con Bambú (CC0)


CARACTERÍSTICAS:

  • É un movemento ecléctico no que conviven influencias orientais, como a arte xaponesa e india, ou as simbolistas.
  • Importancia do valor artesanal, como o movemento Arts&Crafts, pero sen renunciar á forma de produción industrial que podía abaratar os obxectos para poder facelos máis asequibles.
  • Utilización de materiais tradicionais como a madeira e a cerámica e incorporación doutros dos que se mellorara a técnica coa Revolución Industrial como o ferro ou o cristal.
  • Oposición ao historicismo da arte anterior propoñendo unha arte adaptada á modernidade e ao gusto burgués.
  • Influencia do Simbolismo no seu gusto polo exotismo o luxo e a beleza. A estética terá un valor preponderante.
  • Emprego da liña curva e da asimetría, que produce un efecto de dinamismo e movemento, non só nas artes decorativas senón tamén na arquitectura.
  • Inspiración nas formas da natureza para a creación das liñas e das formas xeométricas.
  • Estilización das representacións fuxindo do realismo.
  • Utilización dunha figura feminina delicada e habitualmente sensual  na que se marcan os movementos ondulados do cabelo e do vestiario.
  • Predomina unha decoración moi ornamental que enchía todo o espazo (horror vacui), destacando o efecto coup de fouet que se asemellaba a un látego pola uso de liñas longas e onduladas.

Expresión francesa que significa lategazo

Significa "medo ao baleiro". Aplícase a decoracións moi profusas.

Xapón influíu especialmente coa estampa ou ukiyo-e, un movemento do periodo Tokugawa (1603-1867 no que destacaron especialmente polo seu tratamento impresionista da natureza e da paisaxe Okumara Masanobu, Kitawaga Utamaro, Katsushika Hokusai e Ando Hiroshige.

AUTORES

Entre a extensa nómina de autores deste movemento destacan Víctor Horta en Bélxica, Alphonse Mucha na República Checa, Gaudí en España, Jules Chéret e Eugène Grasset en Francia, Aubrey Beardsley, Charles Ricketts no Reino Unido , Peter Behrens e Otto Eckmann en Alemaña.

Víctor Horta (1861-1947) : arquitecto e deseñador belga. O deseño da Casa Tassel (1893) é considerada unha das obras precursoras do movemento Art Nouveau. Nesta casa Horta incorpora materias como o ferro, o vidrio e a pedra natural e emprega as liñas curvas e os motivos vexetais que van ser tan habituais neste estilo.

Ademais da Casa Tassel, destacan a Casa Solvay, a Casa Horta ou a Estación Central de Bruxelas. En moitos proxectos, Víctor Horta non só traballou como arquitecto senón que tamén deseñou os interiores, mobles, tapices, etc.

Alphonse Mucha (1860–1939): Foi un deseñador, ilustrador e artista gráfico nacido na República Checa. Moi coñecido polos seus carteis publicitarios entre os que destacan os realizados para a actriz Sara Bernhardt, especialmente o de Gismonda, para o champaña Moet & Chandon ou para Waverley Cycles. Así mesmo tamén realizou traballos de interiorismo e de ourivería (ás veces en colaboración con Louis C. Tiffany) e deseños para libros, postais ou tecidos.


Antonio Gaudí (1852-1926): É o artista máis recoñecido do Modernismo en España. Posúe unha obra única e persoal, moi influenciada pola arte gótica e mudéxar e, ao mesmo tempo, moi innovadora, experimentando cunha ornamentación extremadamente orixinal coas liñas curvas que aportan dinamismo. Nas súas obras máis icónicas mestura as vidrieiras, os azulexos de cerámica, o ferro forxado e as madeiras naturais dándolle á arquitectura unha capacidade integradora. Algunhas das súas obras modernistas máis destacadas son:

Palacio Güell (1886-90)

Park Güell (1900-1914)

Casa Batlló (1904-1906)

Casa Milà (La Pedrera) (1906- 1912)



Ponte a proba

Pregunta

Indica que característica non pertence a Art Nouveau

Respostas

O movemento destaca polo emprego de moita ornamentación

Funcionalide dos deseños

Estilo realista

Decoración con liñas onduladas

Retroalimentación

Practica

 Explica as  principais características da Art Nouveau que observas na imaxe da galería inferior.