Saltar navegación

Actividades

Ponte a proba

Identifica a que movemento ou escola pertence

O é un movemento de vangarda que xorde en Italia no 1909 coa publicación do  manifesto de Filippo Tommaso Marinetti. Nel reivindícase o perigo, a temeridade e a rebeldía.

A foi un estilo coñecido con diferentes nomes segundo o país: Art Nouveau ( Francia e Bélxica), Modernismo (España) , Sezession(Austria), Jugendstil (Alemaña e nos países nórdicos), Modern Style (Inglaterra), Nieuwe Kunst (Holanda), Liberty ou Floreale en Italia.

Walter Gropius fundou en Weimar (Alemaña) no ano 1919 a escola A súa filosofía promovía o ensino das materias de forma experimental e práctica e a fusión das diferentes artes.

O Movemento    xorde no Reino Unido nas últimas décadas do século XIX. É unha reacción contra a produción en serie da Revolución Industrial.

O deseño gráfico do ruso emprega tipografías sinxelas de pao seco, con predominio das cores negras e vermellas nas que primaba a funcionalidade e a claridade da mensaxe. Destacan artistas como Aleksandr Rodchenko, El Lissitzky ou Varvara Stepanova.

O Neoplasticismo, tamén chamado holandés ou De Sijl (revista de artes ), foi creado por Piet Mondrian. Trátase dun movemento influenciado polo Cubismo e a Teosofía que pretende ser unha arte pura a través dun proceso de abstracción progresiva ata chegar ás liñas rectas e ao emprego das cores primarias, da branca e da negra.

O é un movemento antiartístico e provocador que xurdiu en Zurich ó redor do Cabaret Voltaire, un lugar de reunión no que se xuntaban persoas exiliadas de toda Europa.

O chamado abarca un amplo período de tempo que vai dende 1920 ata 1980. É un estilo funcionalista que une a función coa tecnoloxía cunha linguaxe formal xeométrica.

A xorde como un estilo decorativo  no que prima a estética sobre a funcionalidade nunha época posterior a Gran Depresión na que aumentou o consumo de produtos.

Habilitar JavaScript

Cronoloxía

Ordena os seguintes movementos artísticos por orde cronolóxica, de máis antigo a máis moderno.

  • Arts &Crafts
  • Art Nouveau
  • Futurismo
  • Bauhaus
  • Estilo Internacional
  • Pop Art
  • Deseño radical
  • High Tech
  • Posmodernismo
  • Minimalismo

Comprobar

Correcto!

Non é correcto! Repasa a teoría.

Ampliación

Contesta ás preguntas do vídeo:

  1. Que diferenzas pedagóxicas introduciu a Bauhaus no ensino?
  2. Cita algún logo ou marca que teña influencia da escola Bauhaus.     
  3. Que influencias perduran da Bauhaus no deseño gráfico e no deseño de interiores?
  4.  Comenta a obra da Bauhaus na cidade israelí de Tel Aviv.
bauhaus
DaniellaOnDesign. Bauhaus 100 - Diálogos de primavera 2019 (CC BY)


Grupal

Despois de dividir o traballo entre o alumnado da clase, cada persoa buscará imaxes dos obxectos asignados nas que se poida observar o produto desde diferentes ángulos. A continuación haberá que buscar información sobre a persoa que o deseñou e o estilo ao que pertence o produto para compartir os resultados coa clase. Crearase unha presentación conxunta con todos os exemplos, para ir creando unha colección de produtos icónicos do deseño.

Marianne Brand

Lámpada de mesa Kandem Marcel Breuer  Cadeira B33

Andrea Branzi

Cadeira Animali Domestici para Zabro Zanotta  Ettore Sottsass
  Lámpada The Tahiti para 'Memphis

Gerrit Rietveld

Aparador de 19919 ( Buffet Elling)  Dieter Rams
 Transistor T3 para Braun

Norman Foster

Mesa Nomos 240-Tecno  Peter Behrens
 Copas Rheinische Glashütten AG

Arne Jacobsen

Cubertos de aceiro inoxidable 600 AJ  Charles e Ray Eames  La Chaise

Le Corbusier

Cadeira LC1. 1928 Gae Aulenti
 Mesa de café para Fontana Arte

Martine Bedin

Lámpada Super Memphis  Alessandro Mendini
 Sillón Proust

Anna Castelli

mesa 4310 para Kartell  Eero Aarnio
Cadeira Pastil

Émile Gallé

Mesa Dragonfly

 Javier Mariscal

 Butaca Alexandra

Peter Murdoch

Cadeira Spotty  Zaha Hadid
 Sofá Zephyr