Información
Javier Mariscal deseñou en colaboración con Fernando Salas o bar Dúplex de Valencia en 1980. Un dos produtos máis icónicos sería o chamado taburete Dúplex que nun inicio empregaría ferro pintado en azul, vermello e amarelo e cos aros en cor negra e branca e o asento de skai cor azul e ribeteado de branco. Na páxina web que che amosamos máis abaixo podes ver outras obras do deseñador.