Saltar navegación

Ámbitos do deseño

Información

O deseño é unha disciplina moi complexa e con múltiples especializacións. A maioría de proxectos abórdanse con equipos multidisciplinares. Algunhas das ramas do deseño máis habituais son:

Deseño industrial

E o deseño de obxectos tridimensionais para ser producidos en serie. Atopámolo en áreas como o deseño de mobles, o deseño téxtil ou o de deseño de produtos de consumo (automóbil, xoguetería, xoiería, etc.)

Marianne Brand Tetera
Sailko. Tea pot, in silver and ebony (CC BY 3.0)

O deseño de produtos

É o deseño industrial, especialmente o de pequeno e mediano tamaño de consumo doméstico, adoita a considerarse como un ámbito propio de deseño máis centrado no mercado dos obxectos e separado do deseño industrial.

 

Deseño Gráfico ou deseño de comunicación social

Deseño de mensaxes ou comunicacións visuais xa sexa con medios impresos ou dixitais. Abarca diversos campos como a publicidade, o mundo editorial, os envases “packaging, a sinalética, identidade corporativa ou o deseño dixital, entre outros.

Logo apple
Brunocelsomendes. Logo Apple (Licenza Pixabay)



Deseño de Interiores

É o deseño de espazos e ambientes. Entre os principais ámbitos que trata destacan o interiorismo, o deseño ambiental, o deseño urbano, o paisaxismo, a escenografía ou o escaparatismo. É un campo complexo no que interveñen coñecementos moi diversos: técnicas de construción, materiais, ergonomía, psicoloxía, etc.

Escenografía
blickpixel. Escenografía (Licenza Pixabay)



Deseño de Modas

Deseño de vestiario e de accesorios ou complementos.

Accesorios de moda
alisonhouse780. Accesorios de moda (Licenza Pixabay)