Información
O chamado Estilo Internacional abarca un amplo período de tempo que vai dende 1920 ata 1980. É un estilo funcionalista que une a función coa tecnoloxía cunha linguaxe formal xeométrica. Hitchcock e Johnson son os primeiros en acuñar este termo en 1922 defendendo e emprego do equilibrio e o abandono do todo ornamento que non sexa necesario. O Estilo Internacional recibe unha grande influencia da Bauhaus, xa que moitos dos seus representantes traballaran nesa escola.
Destacan arquitectos como Walter Gropius, Ludwig Mies van der Rohe, Le Corbusier ou Phillip Johnson.



Un dos estilos máis coñecidos dentro Internacional é o Estilo orgánico en arquitectura. A arquitectura orgánica, denominada así por Frank Lloyd Wright, busca a harmonía na contorna natural e unha integración total das partes. É un estilo máis humanizado con liñas orgánicas e materiais naturais.

