Saltar navegación

Hochschule Für Gestaltung

Información

A Hochschule für Gestaltung foi unha escola fundada en 1953 por Max Bill, Inge Aicher–Scholl e Otl Aiche en Ulm(Alemaña),considerada como a sucesora da Bauhaus. A escola de Ulm desempeñará un papel decisivo nos estudos e na profesionalización do deseño.
A escola caracterízase pola defensa dos principios racionalistas e funcionais e a colaboración da tecnoloxía e da ciencia no desenvolvemento de produtos ao introducir no currículo estudos de ergonomía e de Ciencias Sociais, para poder entender mellor as características e as necesidades dos usuarios .Desenvólvense as estruturas modulares e empréganse materiais como o plástico e a chapa prensada.

A escola de Ulm colaborou habitualmente coa empresa Braun, traballando en deseños que aínda hoxe son referentes do chamado bo deseño. Exemplos como o logo de Braun ou da compañía Lufthansa, empregados na actualidade sen apenas cambios, demostran que a simplicidade e a funcionalidade do ideario da escola perduran pola súa atemporalidade.

Logo Braun
Richard . Logo Braun (CC BY-NC 2.0)
Identidade corporativa Lufthansa
Jim Ellwanger. Lufthansa (CC BY-NC)

Busca

Busca información sobre os principios do chamado bo deseño. Podes obter información neste enlace. Anótaos no teu caderno e reflexiona se aínda están vixentes.