Saltar navegación

Movemento Arts & Crafts

Información

O Movemento Arts & Crafts  (Artes e oficios)  xorde no Reino Unido nas últimas décadas do século XIX, estendéndose por toda Europa e América e chegando ata Xapón. É unha reacción contra a produción en serie da Revolución Industrial. O movemento, que recibe o nome da Arst and Crafts Exhibition Society fundada en 1887, defende unha volta ao traballo artesanal.

As persoas integrantes deste movemento son artistas ideoloxicamente progresistas e moitas estarán ligados ao Socialismo. A súa preocupación polas condicións de vida da clase traballadora xeradas pola industrialización levounas a defender un método de produción máis artesanal na que o traballo producise satisfacción  e non a alienación que se estaba dando nas fábricas.

Jonh Ruskin (1819-1900) foi un dos principais ideológos  do movemento Arts & Crafts. Para Ruskin a creación de obxectos dende a Revolución Industrial fora perdendo cualidades estéticas e  cada vez se perseguían fins basicamente materialistas. Reivindicaba a utilidade da beleza e dos obxectos fermosos fronte á exaltación da tecnoloxía e da industria que imperaba. Para Ruskin, a arte e o traballo tiñan que servir unidos á creación dunha sociedade máis feliz.

Un dos representantes máis destacados do movemento foi o arquitecto e deseñador William Morris (1834-1896). Fundou xunto con varios amigos unha empresa de decoración e deseño Morris, Marshall, Faulkner and Company (no ano 1875 Morris convertiríase no único propietario da agora chamada Morris and Company) que tivo moito éxito poñendo en práctica o traballo conxunto da arte coa artesanía. Seguindo as ideas de Ruskin, a unión da artesanía e a arte podía crear obxectos fermosos esteticamente e funcionais que ademais puxesen en valor o traballo da clase traballadora. A idea da empresa era deseñar e crear produtos que fosen asequibles para todas as persoas; sen embargo, a produción artesanal facía que os obxectos que facían fosen caros e só ao alcance das clases máis acomodadas.

Outros membros de Arts &Crafts foron Charles Robert Ashbee, Charles F.A. Voysey, Mackay Hugh Baillie Scott ou Ernest William Gimson.

O movemento Arts & Crafts influiu en  movementos artísticos posteriores como a Art Noveau, en escolas como a Bauhaus e en arquitectos como Frank Lloyd Wright.

Non teñas nada no teu fogar que non teña uso ou que non creas que sexa fermoso. William Morris

Unha das primeiras obras de Arts & Crafts foi a chamada Red House, deseñada polo arquitecto Phillip Webb. Nela apreciase a influencia do movemento gótico e das artes medievais. Adaptada ás necesidades prácticas do seu propietario, William Morris, por dentro está construída en madeira, predominando os motivos vexetais e a decoración con téxtiles e mobles deseñados polo propio Morris e os seus amigos.
Red House
Velela. Red House (CC0)
O movemento Artes e Oficios reivindicaba os gremios medievais como unha forma de organizacion traballadora máis humana e menos esclavista
Deseño textil con motivos vexetais
William Morris. Tulip ang willow (CC0)