Información
Se lembramos que o deseño non se refire só a execución do produto senón tamén a súa proxección, percibiremos que o proceso vai ter varias fases. Este apartado verase con máis detalle na Unidade 3 Teoría e metodoloxía do deseño.
Identificación da necesidade e análise do problema
Esta fase require investigación e documentación para acadar as posibles solucións.
Destinatarios
Selección do destinatario ou público ao que se dirixe (Target). É importante facer unha análise sociolóxica (a que grupo de idade pertence, a que clase social, cal é seu poder adquisitivo, que formación académica e cultural posúe...)
Materias e tecnoloxías
Hai que realizar unha fase de documentación das necesidades materiais que require o deseño e realizar unha comprobación ou experimentacións dos mesmos.
Análise de datos
Cómpre analizar os datos para poder escoller as solucións entre as posibles opcións.
Deseño conceptual
Trátase de xerar ideas creativas que se axusten ás necesidades. O proxecto basearase neste marco conceptual que haberá que xustificar. Nesta fase pode ser útil empregar técnicas para xerar ideas como a chamada tormenta de ideas ou Brainstorming, que consiste en aportar ideas nun curto espazo de tempo, sen pararse a pensar de forma racional.
Deseño previo
Cómpre realizar estudos preliminares para ir definindo unha solución ou concreción do produto final.
Deseño de desenvolvemento do produto
Hai que concretar o deseño final do produto detallando as especificacións necesarias para o seu desenvolvemento con debuxos construtivos ou se fose necesario con modelos.
Deseño final
É a fase final do proceso de deseño.
- ◄ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- ► Seguinte