Información
A arte pop xorde conceptualmente nos anos cincuenta para nomear a influencia da cultura popular nas artes. O grupo Independent Group de Londres e artistas como Richard Hamilton ou Eduardo Paolozzi van a explorar a súa influencia. Xa nos anos 60 serán creadores como Andy Warhol ou Roy Lichtenstein os que van popularizala.
Esta tendencia inflúe particularmente no deseño desa época. O denominado Pop Design inspirarase na cultura popular dos cómics, a televisión ou a publicidade creando produtos de uso cotián de estilo xuvenil e menos serio e de cores intensas e chamativas. Entre os materiais empregados destacan os plásticos, o cartón ou papel, uns materiais caracterizados por ser efímeros e nalgún caso de usar e tirar.
