Información
O posmodernismo xorde durante a crise económica dos anos 70. Cuestiona os principios da modernidade e do deseño racionalista e reivindica o formalismo e simbolismo dos obxecto empregando estilos decorativos da Art Deco, do Construtivismo, pero tamén do Surrealismo e incluso da arte Kitsch. O eclectecismo da posmodernidade propiciou unha grande liberdade creativa e a percepción do deseño como unha obra de arte.
Robert Venturi, Ettore Sottsas, Memphis, Michael Graves, Aldo Rossi, Shiro Kuramata, Matheo Thun son algúns dos artistas máis destacados deste movemento.
.jpg)
Dentro desta tendencia, máis minoritaria no deseño, destaca o grupo Memphis creado en 1980. O deseñador italiano Ettore Sottsass foi un dos seus máis celebres fundadores, integrándose con arquitectos e deseñadores xaponeses, estadounidenses e tamén españois, como Javier Mariscal(1).
Memphis ía en contra dos postulados do funcionalismo e quería crear un novo tipo de deseño no que o importante eran as cores, as texturas e o ornamental. O grupo só durou oito anos pero crearon deseños que aínda hoxe son obxectos de culto e que influirían no deseño postmoderno.

O Posmodernismo foi o estilo internacional da década dos oitenta mais foi diversificándose cara a outros estilo como o deconstrutivismo ou o posindustrialismo. A crise posterior dos anos 90 volvería traer ao deseño un estilo máis funcional e máis minimalista.
(1) Na seguinte páxina web podes ver varios traballos do deseñador español Javier Mariscal. Fíxate especialmente no taburete Duplex creado en 1980.