Saltar navegación

Funcións do deseño

Reflexión

Que significa para ti un deseño responsable? Que aspectos terías en conta? Pon en común co resto do alumnado as túas conclusións.

Información

O deseño é unha actividade complexa que engloba múltiples aspectos económicos, sociais e culturais. O deseñador ten un grande impacto e unha responsabilidade na sociedade, especialmente na cultura de consumo na que vivimos.

Podemos destacar as seguintes funcións:

Función informativa

Unha das funcións máis destacadas dos produtos de deseño é a informativa ou pragmática. Esta dáse naqueles deseños nos que predominan os aspectos funcionais.

Sinal de stop
CopyrightFreePictures. Stop (Licenza Pixabay)

Función persuasiva

O deseño inflúe nas decisións da persoa usuaria.

Publicidade
sharonang. Anuncios publicitarios (Licenza Pixabay)



Función identitaria

O deseño aporta aos produtos e ás marcas unha identidade que as diferenza do resto. O deseño corporativo é hoxe en día unha das funcións máis significativas.

Logos de marcas
sasipre. Logos (Licenza Pixabay)

Función simbólica

Os produtos están dentro nunha cultura dentro da cal adquiren un valor simbólico do que as marcas son moi conscientes.

Deseño
HitaJast. Deseño (Licenza Pixabay)


Función estética

Esta función relaciónase coas características formais que provocan pracer estético.

Gaudí
Bengt Nyman. Casa Batló (CC BY-SA 2.0)