Saltar navegación

Século XX

SÉCULO XX

O século XX será cando os robots definitivamente pasarán a formar parte do noso desenvolvemento social e cultural alentando un imaxinario tanto utópico como distópico.

Gracias ao desenvolvemento da electricidade, a microelectrónica e a informática, traballarase no desenvolvemento de ordenadores capaces de pensar e aprender, e quen sabe se algún día de sentir, o que levará a toda unha corrente de pensamento ético sobre o comportamento das máquina.

Será un grande fito a famosa partida que o ordenador Deep Blue gañou ao campión do mundo de xadrez, Garri Kasparov. Pouco a pouco fúmonos movendo dende entón cara un escenario no que poder dotalas de sentidos e pensamento co desenvolvemento de investigacións arredor da Intelixencia Artificial, tan de moda nos últimos anos, e o seu grande potencial.

Retrocedendo un pouco e retomando o fío da música, a principios do século XX seguiranse creando dispositivos sonoros mecánicos cada vez máis complexos, na liña da pianola, pero incorporando máis instrumentos a este repertorio. Nesta liña son especialmente interesantes o Phonoliszt Violina Orchestrion ideado por Ludwig Hupfeld que engade tres violíns ou a auténtica banda que era o Philipps Paganini Orchestrion construído no 1921.

Varios autómatas do museo Speelklok en Utrecht|R Thoomes | CC BY| Youtube

Moitos destes dispositivos irían desaparecendo a medida que se impoñían os medios de reprodución sonora e a gravación fonográfica que experimentará un espectacular crecemento e desenvolvemento durante todo o século XX dende a patente do fonógrafo por Thomas Alva Edison no 1877. Agora á música será algo moito máis accesible chegando en diferentes soportes (cilindro, disco, cinta magnética, CD, copia dixital, streaming, etc.)

Incluso, máis alá de converterse en entretementos de salón, estes aparello atraerán a atención dalgúns dos compositores máis innovadores do seu tempo como é o caso de  George Antheil ou Conlon Nancarrow e dalgúns artistas como Jean Tinguely.


Actualización del Ballet Meécanique (1924) de George Antheil| Algorythmics
| CC BY| Youtube

Continuando con esta liña de traballo, moitos artistas tense aproximado ás relacións de arte coa robótica e, especialmente coa música como podemos ver nos traballos de Moritz Simon Geist, o grupo Wintergatan e a súa fantástica Marble Machine a Orquestra Robótica Disfuncional Phobos do colectivo portugués Sonoscopía, as instalacións sonoras de Vtol ou os autómatas experimentais de Tuni Panera, por mencionar so algúns exemplos.

Proba de autómata que se activa respondendo  aos sons que o rodean|Tuni Panea| CC BY| Youtube

Agora xa temos unha idea, polo menos superficial, das posibilidades dos autómatas musicais e xa podemos centrar en cuestións máis técnicas coa meta de crear os nosos propios sistemas sonoros robotizados nas seguintes unidades.