CONTROLANDO O MOVEMENTO. SERVOMOTORES, MOTORES DC E SOLENOIDES
Os elementos que utilizaremos para xerar movemento que se poda converter en sons organizados mecanicamente serán os servos, os motores DC e os solenoides, explicando cada unha das súas particularidades e posibles usos co fin de que estes coñecementos sirvan como base para a creación dos prototipos de robots musicais.
Contidos
4.1. Servos. Conectando, programando e secuenciando.
4.2. Motores DC. Conectando, programando e secuenciando.
4.3. Solenoides. Conectando, programando e secuenciando.
4.4. Conxunto de mecanismos.
Criterios de Avaliación
Entender o funcionamento dun motor servo, dun motor DC e dun solenoide e as súas diferencias.
Aprender a conectalos a Arduino de forma independente e comprende a función de cada unha das conexións.
Controlar de xeito básico cunha serie de rutinas o movemento destes mecanismos variando parámetros como a dirección ou a velocidade.
Entender como axustar e secuenciar en Pure Data os parámetros para crear movemento e rutinas aplicables nun contexto musical.
Concibir e desenvolver aplicacións destes movementos na produción sonora, aplicando conceptos como altura, intensidade, timbre ou resonancia, e desenvolver un robot musical simple.
Estándares de aprendizaxe
Coñece o funcionamento dos servomotores, os motores DC e os solenoides.
É capaz de conectar e programalos e conectalos a Arduino.
Crea rutinas en Arduino e Pure Data sen erros na linguaxe de programación que produzan diferentes comportamentos nos motores.
Controla adecuadamente os movementos dos motores e que se axusten ao programado inicialmente.
É capaz de concibir e desenvolver en grupo un prototipo de instrumento que utiliza os diferentes movementos para producir son.
A produción de sons correspondese co esperado inicialmente, e, no caso de non ser así busca as solucións para solventalo
Ten unha actitude construtiva no traballo en grupo propoñendo ideas para a realización da tarefa e suxestión para a súa mellora esforzándose por alcanzar os obxectivos marcados.
Competencias clave (de acordo co apartado de competencias)
CMCCT / CPAA / CCL / CD / CSIE / CSC
Obxectivos (de acordo co apartado de obxectivos)
B / C / E / F / H / I / K / M / N / P / Q / R / S / T / U / V