SÉCULO XIX
Se ben durante o XIX continuarase con algunhas das tipoloxías de autómatas do século anterior, como o creado por Henri Maillardet e que despregaba, e segue despregando, as súas capacidades artísticas para asombro de todo o mundo, veremos unha tendencia cara a procesos como a miniaturización e a aplicación dos sistemas de papeis ou tarxetas perforadas dos que antes falamos.
Autómata de Maillardet (1800) | Z22 | CC BY SA| Wikipedia
Deseño feitos polo automata de Maillardet | Dominio Público | Wikipedia 1| 2
Outros autómatas moi populares nesta época serán as caixas de música convencionais, feitas con maior ou menor mestría, e unha versión ben especial e curiosa que, cando se abría, saía do seu interior un pequeno paxaro autómata que se mexía freneticamente mentres interpretaba un fermoso canto. Isto era posible por un sistema de reloxería que coas súas rodas facía xirar e mover as asas da pequena figura mentres accionaba un diminuto fol e mexía unha pequena frauta de émbolo.
Caixa con paxaro cantor (1890) | Museo Cerraldo | CC0 | Wikipedia
Pero pouco a pouco os autómatas foron proliferando en diferentes ámbitos da vida cumprindo funcións prácticas e despoxándose do seu disfrace de humanos ou animais a medida que a cultura se familiarizaba coa proliferacións de máquinas nas cadeas de produción. Esta industrialización tamén traerá consigo a proliferación de xoguetes de baixo custo realizados con materiais baratos que tomaban os mecanismos máis sinxelos dos autómatas.
Esta desnaturalización do aspectos dos autómatas xa fora anunciada a finais do século XVIII pola máquina de falar deseñada en 1791 por Wolfgand von Kempelen, quen seguindo na liña do pato de Vaucanson, desenvolveu este instrumento na procura de comprender a reprodución e articulación da voz e a fala humana, aínda que accionado manualmente.
Máquina de falar de Kempelen | Dominio Público | Wikipedia
Outro exemplo será a adaptación de diferentes instrumentos convencionais, pero completamente mecanizados, que podían tocar un amplo repertorio simplemente cambiando os rolos perforados. Así, paralelamente á produción de partituras de músicas de salón para que a xente bailase, iniciouse unha grande industria de creación de rolos de pianola e organillo, sendo este último máis frecuentes velo e escoitalo acompañando aos música de rúa.
No seguinte vídeo podes ver algún destes instrumentos e algún pequeno autómata sonoro.
Varios autómatas do museo Speelklok in Utrecht|R Thoomes | CC BY| youtube