DOCUMENTO TÉCNICO
Os contidos da proposta Robótica Musical están divididos en catro recursos e cada un se corresponde cun arquivo diferente. Están dispoñibles a través do repositorio Abalar, onde tamén os poderás ver directamente online accedendo co botón visualizar.
A outra opción é acceder aos contidos offline para o que é preciso descargar os arquivos que atoparás en dous formatos.
.html: se o descargas en formato .html poderás velo como unha páxina web convencional no teu navegador aínda que non teñas conexión a Internet. Neste formato non é preciso instalar ningún extra, pero este documento non se pode editar. Se o que queres é seguir o recurso para consultar os contidos esta sería a opción recomendable.
Para traballar con este formato so é preciso que descomprimas o arquivo .zip descargado e busques no interior da carpeta o arquivo index.html e o executes.
.elp: este outro arquivo é un executable de Exelearning polo que é necesario instalar primeiro este software que podes descargar dende aquí.
Unha vez instalado xa podemos descomprimir o paquete .zip descargado e abrir o arquivo .elp. Aquí poderás modificar, exportar, importar. etc. o que te interese utilizando o editor .
Ten en conta que para a creación visual deste recurso deseñouse un estilo propio, polo que se queres velo correctamente deberías descargar e instalar tamén o arquivo correspondente neste vínculo e logo activalo a través do xestor de estilos no editor de Exelearning. Lembra que para facer isto é necesario que actives en Exelearning a opción usuario avanzado.
Se non o instalas poderás acceder aos contidos igualmente, pero o formato verase afectado.
INSERIR NA AULA VIRTUAL
- Navegador web
- Aula Virtual Moodle
- Premer no botón de engadir actividade ou recurso
- Premer no botón para engadir un novo URL
- Copiar a dirección URL do recurso no Repositorio Abalar
- No apartado “Aparencia” pódese decidir se aparece nunha
- xanela nova ou incrustado
- Premer no botón de engadir actividade ou recurso
- Premer no botón para engadir un novo ficheiro
- Inserir o arquivo .zip
- Premer en descomprimir
- Buscar o arquivo index.html
- Establecer como ficheiro principal
- No apartado Aparencia pódese decidir se aparece nunha xanela nova ou incrustado
INSERIR COMO SCORM
- Premer no botón de engadir actividade ou recurso
- Seleccionamos paquete scorm
- Dámoslle un nome
- Imos á sección de engadir un novo paquete e seleccionamos o arquivo scorm
- Seleccionamos o modo de visualización, ventá actual ou emerxente
- Podemos configurar o modo de cualificación
- Dámoslle á opción gardar e amosar