Saltar navegación

Forza do enxenio

FORZA DO ENXEÑO

Portada La Fuerza del Ingenio de Martinez de Presa

O libro Fuerza del Ingenio Humano y inventiva suya publicado en 1622 é o primeiro libro en castelán do que temos constancia sobre autómatas musicais. O seu autor non é outro que o cura galego Domingo Martínez de Presa, abade da parroquia de San Miguel de Feás en Ourense.

Pouco sabemos da súa historia máis alá de que era licenciado nalgunha universidade da época, do seu interese pola astroloxía, a xeometría, a cosmoloxía e a reloxería, e que visitou a Corte de Madrid de Felipe IV para presentar os seus enxeños que describe neste pequeno texto. Lamentablemente, a diferencia doutros tratados de características similares, non inclúe ningún plano ou deseño ilustrativo do funcionamento dos mecanismos sonoros.

Unha boa parte do breve texto está adicado a insistir na súa devoción relixiosa, probablemente como unha xustificación previa a calquera sospeita de bruxería que puidera levar á inquisición a acusalo de herexía. Nesta época a liña que separaba o avance científico ou tecnolóxico da herexía era ben fina.

O libro describe cinco instrumentos musicais de corda e tres caixas de autómatas que funcionan mediante os principios da hidráulica e de resortes. Un destes instrumento ademais incluía unha clepsidra ou reloxo de auga que xa mencionamos anteriormente.