SÉCULO XVIII
Entre os creadores de autómatas deste século, se houbera que escoller dous nomes que destacan polo virtuosismo dos seus traballos e pola fascinación que estes despertaban, serían os de Jacques de Vaucanson e Pierre Jacquet Droz.
Atraido dende neno co funcionamento de aparellos como o reloxo que podía contemplan na igrexa de Grenoble, a súa cidade natal, Vaucanson pronto mostrou un talento especial para a comprensión e desenvolvemento de aparellos mecánicos.
Entre os seus traballos máis celebrados atopamos un sorprendente parrulo mecánico capaz de camiñar, comer, defecar e grallar, un frautista que realmente tocaba a frauta, xa que os feitos ata o momento simulaban facelo imitando o movemento mentres o que soaba era un pequeno órgano, e un tamborileiro.
Neste tipo de traballos había algo máis que o mero entretemento, atopamos un especial interese por desentrañar e replicar os misterios da natureza. Hai un intento de recrear para comprender que viña amparado nalgunhas das ideas previamente descritas por filósofos como René Descartes.
Parrulo de Vaucanson (1738)| Dominio Público| Wikipedia
Nest link podes ver un frautista similar ao de Vaucanson realizado posteriormente por Alexander N. Theroude utilizando un mecanismo similar.
Vaucanson tamén pasará a historia por desenvolver algún dispositivos aplicados á produción industrializada como a creación no 1745 do primeiro tear automatizado e programable que utilizaba tarxetas perforadas, un sistema moi enxeñoso que anos despois sería retomada como método para introducir os datos nos primeiros ordenadores.
Seguindo a liñas da reprodución dos movementos dos músicos que interpretan instrumentos se atopa unha das figuras mecánicas máis fermosas de Jacquet Droz, coñecida como "a pianista", aínda que en realidade o que toca é un órgano mentres move a cabeza mirando ao público ou ao teclado do seu instrumento. Este autómata, xunto a outros dous do mesmo construtor, un que fai debuxos e outro que escribe, se poden visitar actualmente en Suíza, no Museo da Arte e a Historia de Neuchâtel.
Unha variación desta idea, cun maior refinamento nos seus acabados, é o autómata que interpreta un dulcémele da Reina María Antonieta ofrecido como regalo á monarca de Francia en 1784 polos seus autores David Roentgen e Peter Kinzing.
La chica del dulcémele (1784)| Rama | CC BY | Wikipedia
Podes velo en funcionamento e contemplar o refinamento deste marabilloso enxeño no vídeo ao que te levará o seguinte link.