Saltar navegación

O Tecnefón

O TECNEFÓN

Tecnofón

Severino Pérez VázquezGravado do TecnefónEl Tecnefón: memoria (1865)|Dominio Público| Wikipedia

O Tecnefón pertencería ao longa estirpe de dispositivos parlantes, uns míticos e outros reais, que aparecen ao longo da historia nun intento por imitar de xeito artificial a capacidade fonadora do ser humano.

Alusións a este tipo de dispositivos ao longo da historia aparecen en libros como o famoso El Quijote de Miguel de Cervantes ou no Theatro crítico universal de Benito Feijoo. Neste último chama a atención unha cabeza metálica localizada na localidade de Tábara, en Zamora, que, cun marcado carácter antisemítico propio da época, avisaba cando un xudeu entraba na cidade e non calaba ata que abandonaba o lugar, aínda que o beneditino non daba moito crédito á súa existencia.

Si que están acreditados os experimentos de Kratzentein, a construída pacientemente durante 30 anos polo Abate Mical, ou a Eufonía de Wolfgang von Kempel que mencionamos no apartado anterior.

Na liña desta última atópase o Tecnefón creado arredor de 1860 polo pontevedrés Severino Pérez, a única máquina parlante deseñada en España, e aínda que non era un autómata propiamente dito, xa que se accionaba mediante un teclado, si que compartía moitas das prácticas e mecanismos dos autómatas que estaban á procura de sistemas parlantes autónomos.

A súa aparencia era similar á dun órgano no que os foles insuflaban son e era enviado pola acción das teclas a tubos de diferente forma e natureza producindo as sonoridades da lingua española e permitindo elaborar frases complexas.