Saltar navegación

Configuración

CONFIGURACIÓN E NOCIÓNS BÁSICAS

Para realizar un control eléctrico dos dispositivos mecánicos nos proxectos e necesario coñecer as ferramentas tanto de tipo hardware como de tipo software. Nos últimos anos a plataforma Arduino converteuse nun estándar para o aprendizaxe da programación e control de dispositivos. Nesta unidade aprenderan algo sobre este controlador e instalaremos o necesario para empezar a traballar no noso sistema mendiante a aplicación Pure Data.

Ao mesmo tempo, co fin de realizar os robots musicais é moi importante que os alumnos e alumnas entendan o funcionamento dun instrumento musical para que non fracasen na concepción e realización dos seus prototipos. Partindo tanto da análise de instrumentos tradicionais como experimentais, achegarémonos de xeito amplo á mundo dos luthiers. A través desta Unidade aprenderán física acústica dende a práctica, e veremos de que xeito, partindo de elementos sinxelos e incluso materiais reutilizados, podemos acadar timbres interesantes e sofisticados que podan ter unha aplicación musical real.

Contidos

2.1. Arduino. Instalando, comprobando e experimentando

2.2. Puredata (PD). Intslando PD e as librarías necesarias.

2.3. PD + Arduino.

2.4. Instrumentos musicais. Clasificación e anatomía

Criterios de Avaliación

Instalar Arduino e aprender o funcionamento seu funcionamento a partir da execución básicas de scripts.

Instalar PD e as librerías necesarias para inreactuar con Arduino.

Comunicar OD con Arduino e facer as primeiras probas sinxelas de interacción. 

Aprender nocións básicas sobre a clasificación dos instrumentos musicáis.

Coñecer novos instrumentos que se están desenvolvendo e achegarse a traballos experimentais organolóxicos.

Comprender as características xenéricas e formais dos instrumentos musicais.

Entender os diferentes procesos que interveñen na produción sonora nos instrumentos musicais.

Pensar instrumentos musicais sinxelos que incorporen as diferentes etapas do proceso de creación sonora partindo do descrito nos contidos.

Estándares de aprendizaxe

Executa programas básicos en Arduino e é capaz de detectar posibles erros na execución dos programas.

Utiliza o sistema informático con soltura e resolve os problemas que poidan xurdir co software ou o sistema.

Comprende o papel dos avances na construción de instrumentos musicais na evolución da historia da música.

É capaz de buscar información e profundar de xeito autónomo utilizando diferentes fontes na historia da música centrándose no traballo dos luthiers.

Sabe diferenciar os diferentes tipos de instrumentos atendendo á súa tipoloxía tanto a través do seu aspecto como da audición do seu son.

É capaz de analizar e comprende o funcionamento dun instrumento musical e o papel que desempeña cada unha das súas partes.

Aplica todos estes coñecementos no deseño da proposta dun instrumento musical de creación propia.

Competencias clave (de acordo co apartado de competencias)

CMCCT / CPAA / CCEC / CCL / SCIE / CSC

Obxectivos (de acordo co apartado de obxectivos)

B / C / D / E / G / H / K / M / O / P / Q / R / S / T / U / V