Saltar navegación

8. Bibliografía e recursos

Para o estudo de mecanismos simples recoméndase a realización de experiencias sinxelas de laboratorio con pancas, planos, parafusos ou poleas, observando en distintas situacións o equilibrio de forzas. A propia construción dunha maqueta deles e o seu emprego nas prácticas engadirá un compoñente moi motivador para o alumnado.

Na medida do posible procurarase amosar obxectos de uso cotián e analizar o mecanismo ou os mecanismos en que se basean.

Bibliografía

  • Calquera das últimas edicións dos libros de física e química de 2º de ESO para o estudo de mecanismos simples, e de tecnoloxía de 2º e 4º de ESO para o estudo de máquinas complexas, proxecto técnico e proceso produtivo.
  • Libro de educación secundaria a distancia para persoas adultas. Xunta de Galicia (2004). Módulo 4A Traballo e empresa, nas seguintes unidades: unidade 1 (Máquinas), unidade 3 (A industria da confección) e unidade 4 (A actividade comercial).

Recursos e ligazóns de internet

En xeral, para a primeira parte da unidade, pódese empregar material audiovisual (animacións e documentais) para explicar o funcionamento de mecanismos e, especialmente de máquinas e motores térmicos e eléctricos. En internet hai numerosos recursos sobre o tema. A modo de exemplo suxírese:

A segunda parte recoméndase abordala con casos concretos, por exemplo, estudar as fases do proxecto técnico na creación da cadeira polo mestre carpinteiro Michael Thonet, ou estudar a produción en serie dun determinado modelo de automóbil. Como exemplo disto último proponse o seguinte web, que nos ofrece unha visita virtual a unha fabrica do grupo PSA Peugeot Citröen.

  [http://www.tecnotic.com/?q=node/459]