4. Actividades complementarias
S27. Dise que as máquinas cumpren co principio da conservación da enerxía. Que quere dicir isto?
S28. Que forza cómpre aplicar para levantar unha carga de 10 kg cunha polea fixa? E se utilizamos unha polea móbil?
S29. Cun sistema de cinco poleas deséxase levantar un peso de 1 Tm. Que forza será precisa para o facer? [Dato: 1 Tm = toneladamétrica = 1 000 kg].
S30. Cales son as relacións de transmisión máxima e mínima que se poden alcanzar nunha bicicleta con dous pratos de 44 e 48 dentes, e con catro piñóns de 16, 18, 20 e 22 dentes?
Actividade despregable
Ler e completar
S32. Indique dous exemplos de aparellos ou de vehículos que funcionen con cada un dos tipos de motores térmicos e eléctricos estudados.
S33. Escolla un anuncio publicitario (prensa, radio ou televisión) e analice o tipo de produto, o grao de necesidade real deste e o reclamo publicitario empregado.
S34. Indique cal é a importancia da normalización de produtos.