2.6.1 As empresas
Unha empresa é unha entidade conformada por persoas (coas súas aspiracións e realizacións) e por factores de produción, como os bens materiais e as capacidades técnicas e financeiras. Todo iso permítelle dedicarse á produción, á transformación e/ou á prestación de servizos para satisfacer as necesidades ou os desexos da sociedade.
Tipos de empresas
|
Segundo o seu tamaño |
|
Segundo a propiedade do capital |
|
|
|
Segundo o sector da actividade desenvolvida |
|
Segundo o seu réxime xurídico |
|
|
Actividade resolta
Que son as cooperativas? Indique algún exemplo de cooperativa e clasifíquea polo seu réxime xurídico, tipo de actividade realizada e tamaño da empresa
|
Solución |
Unha cooperativa é unha sociedade formada por traballadores ou consumidores para producir, comprar ou vender produtos en común, liberándose da carga que supoñen os beneficios dos capitalistas e intermediarios, repartindo as ganancias que puidera haber entre os seus socios: Agrupación de Transportes do Porto de Vigo; Sociedade Cooperativa; Sector Terciario (transporte de mercadorías por estrada); PEME. |
S21. Relacione as etapas do método de proxecto coa función a que correspondería nunha empresa (consulte o epígrafe Empresa e mercado, no punto 2.6.2) explicando a relación:
Actividades propostas
S22. Clasifique as seguintes empresas galegas segundo os criterios de tamaño da empresa, propiedade do capital e actividade desenvolvida:
S23. Cal é a diferenza entre unha acción e unha participación empresarial?
S24. Indique a que réxime xurídico pertencen as seguintes empresas. Que caracteriza cada réxime?