Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

A presente unidade aborda o que, en síntese, podemos definir como procedemento tecnolóxico, é dicir, os coñecementos relacionados co deseño, a construción, o uso e a organización produtiva de obxectos de consumo. A súa amplitude e a necesidade de sintetizar temas tan dispares obriga a dividir a unidade en dúas partes.

  • Na primeira estudaremos os operadores que rexen o funcionamento das máquinas e a súa clasificación en función deles (transmisión, transformación ...), recoñeceremos os operadores en aparellos de uso cotián, veremos os principais tipos de motores térmicos e eléctricos, e remataremos coas principais etapas da creación dun proxecto técnico.
  • Na segunda introducimos unhas nocións sobre o proceso de produción, os tipos e a organización de empresas, e o control da calidade do produto.