Máquinas e proxectos técnicos
6.3. Solucións dos exercicios de autoavaliación
- Unha panca de terceira clase é aquela onde:
-
O fulcro está nun extremo, a F no medio e a R no outro extremo.
- Exemplos de pancas de primeira clase son:
-
Unha pinza da roupa.
-
O remo dunha barca.
- Para alcanzar unha altura nun plano inclinado o movemento ascendente dun obxecto:
-
Vese favorecido por unha maior forza motriz.
- Unha polea fixa está en equilibrio cando:
-
F = R
- Cal ou cales destes mecanismos NON transforman un movemento circular en rectilíneo:
-
Sistema de poleas con correa
-
Polipasto
- Un sistema multiplicador da velocidade:
-
A relación de transmisión é menor que a unidade.
-
A polea conducida é de menor diámetro que a polea motriz.
- Son exemplos de motores de combustión interna:
-
O motor diésel.
-
O turborreactor.
- Cal é a orde correcta no funcionamento dun motor de catro tempos?
-
Admisión, compresión, expansión e escape.
- Con cal ou cales dos seguintes tipos de empresa identifica esta descrición? Conxunto de persoas que participan na empresa co seu traballo e /ou capital
-
Sociedade.
- Que é certo?
-
A maioría dos aparellos de uso cotián teñen ou producen algún movemento.
-
A produción en serie de bens realízase mediante cadeas de montaxe.
-
Artesanía e industria son dous modelos de produción de bens.
-
A normalización facilita a calidade, difusión e compatibilidade internacional dos produtos.