2.2 As máquinas simples en aparellos de uso cotián
Construímos aparellos coa finalidade de satisfacermos as nosas necesidades vitais e mellorarmos a nosa calidade de vida. A maioría destes aparellos de uso cotián (mesmo os que poden parecer máis complexos) teñen ou producen algún tipo de movemento que, á súa vez, persegue algunha finalidade. Así, por exemplo, coa finalidade de trasladar persoas e materiais dun xeito máis cómodo e rápido, inventouse a bicicleta, un tipo de aparello baseado no movemento relativo dunha serie de rodas dentadas (piñóns) movidas por un pedal (manivela) e conectadas coas rodas mediante unha cadea que transmite o movemento.
Piñóns, manivelas, cadeas e rodas son, entre outros, mecanismos que melloran a calidade de vida humana, ao aforrar traballo e tempo e aumentar, daquela, o seu rendemento. Son a base da nosa civilización.
S14. Identifique os operadores mecánicos que aparecen nos seguintes aparellos.
S15. Elixa un dos anteriores aparellos e explique o seu funcionamento en función do mecanismo ou dos mecanismos responsables.
|
|
|
|
|
Reloxo |
Lavadora |
Cana de pescar |